"beiro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes, estudiou na Académia de Belles Arts de San Carles de València. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e subdirector xeral de Promoción e Difusión Cultural da consellería de Educación e Cultura. A súa pintura caracterízase polo xeometrismo e o colorido das composicións. Recibiu a Medalla de Prata da cátedra de Historia da Arte no seu cincuenta aniversario e unha mención na Trienal de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Román.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anaco de metal ou calquera outro material pesado que se ata no extremo dun fío e que serve para marcar a verticalidade.
-
Peza ou conxunto de pezas de chumbo que se colocan nas liñas ou nos aparellos de pesca e que serven para que a rede se afunda.
-
Obxecto pesado que se ata no extremo dunha corda para medir a profundidade.
-
Relinga inferior composta por unha serie de chumbos, sobre a que se montan os panos da rede da arte de miño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘gaiteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Remite ao topónimo Aciveiro (lugar en que abundan os acivos), con aférese do a- inicial.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego que comezou a editarse no Carballiño no ano 1998. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou á mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara, contén información de carácter xeral que abrangue os concellos da comarca do Carballiño e o Ribeiro como Carballiño, Cea, Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, O Irixo, Leiro, Cenlle, Arnoia, Cortegada, Beade, Melón, Carballeda de Avia, Avión, San Amaro, Maside, Castrelo de Miño e Ribadavia. Dedica unha sección a cada concello e insire os apartados “Deportes”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo da decoración, do fogar, do motor e da construción, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega situada en Val de Pereira (Ventosela, Ribadavia). Fundada en 1967, é a empresa do ramo con maior volume de produción de Galicia e chega a comercializar máis do 40% da produción da Denominación de Orixe a través das etiquetas Amadeus, Alén da Historia, Colleiteiro, Pazo, Pazos de Ulloa, Solla, Viña Costeira e Xeito.
-
GALICIA
Pintor e escultor. Autodidacta de formación, a súa obra apóiase nun forte cromatismo e nun persoal concepto do debuxo. Expuxo por primeira vez en Atenas (1973) e, entre outros lugares, en Barcelona, A Coruña, Italia, Francia e EE UU. Obtivo, entre outros galardóns, os premios de Cornellá (1980), Tossa del Mar (1983) e Viladecamps (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Foi director do Taller de Gravado de Noia que leva o seu nome. Con 17 anos trasladouse a Barcelona, dende onde desenvolveu a súa traxectoria artística, moi ligada a Galicia. Estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e asistiu ao obradoiro do gravador Dimitri Papageorgiu. En 1972 recibiu unha bolsa da Fundació Joan March para ampliar estudios en Florencia e en 1983 outra do ministerio de Cultura. Abrangueu diversos campos da plástica, entre eles a pintura, a escultura, o deseño gráfico, a ilustración, o gravado, o deseño de decorados e a pintura mural. A súa obra, situada nunha liña surrealista e onírica, caracterízase por un debuxo dinámico e aínda que figurativa, en ocasións amosa unha certa abstracción. Entre as súas obras cómpre destacar a pintura realizada para o Instituto Frenopático de Barcelona (1981-1984), os murais do Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela e os do antigo edificio da Central Leiteira Leyma na Coruña (1985). Entre as series...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola d’Arts Aplicades i Oficis Artistics de Barcelona. Realizou exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Mallorca, A Coruña e Santiago de Compostela. Recibiu os premios de pintura Ciutat de Barcelona (1973-1975), Concello de Cambre (1984 e 1992) e da Bienal de Boiro (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, participou en numerosas exposicións colectivas. Entre os premios que recibiu destacan, o da Secretaría de Turismo Internacional (1980), o XV Premi de dibuix S. Lluc (1994) e o Premio Popular no primeiro certame Bienal de Pintura Cola Cao (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. Simbolista primeiro e vangardista despois, escribiu os poemarios Província (1933), Cancioneiro do Ausente (1943) e Entre Mar e Río (1952). Tamén publicou prosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica e vende cribos, continuador moitas veces dunha caste de itinerantes na que colaboran a muller e os fillos, aínda que a súa fabricación é un traballo na súa orixe autenticamente feminino.
-
GALICIA
Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume de carácter profesional aplicado a individuos que tiñan por oficio facer ou reparar cubas. Non se pode descartar a posibilidade de que a súa orixe sexa un topónimo, xa que esta forma tamén se atesta na nosa toponimia (na provincia de Lugo). Documéntase no s XV: “Pedro Cubeiro” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 262). Adoita aparecer grafado con -v- non etimolóxico: Cuveiro.
-
Liñaxe que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cunha aguia de ouro coroada de prata; segunda partición, en campo de ouro, cun castelo de goles, aclarado de prata e superado de tres luceiros de azul, colocados en faixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á construción ou venda de cubas e toneis. Moitos teñen o seu propio obradoiro nas zonas viñateiras onde almacenan, a carón das portas, cubas, pipotes e os materiais propios do oficio. O seu traballo require de certa especialización; complementan a madeira co ferro, polo que precisan dun variado tipo de instrumentos, como aixolas, garlopas, cepillos de volta, marras, gato, etc. Ao teren todo o material disposto no seu obradoiro e coas táboas serradas, a primeira operación que realizan é a de recortar unhas tiras curvadas que forman o corpo das cubas; a continuación fáiselles o rexistro e logo prepáranse os aros, de madeira ou ferro, afiando os extremos. Cando teñen preparadas todas as partes fan a armazón con aros e preparan as tampas que pechan os costados. O cubeiro gozou dunha grande importancia social e nos refráns e cantares populares teñen sona de troleiros, de cantar e bailar ben, feito que se pode deber ao ritmo do golpe do mazo na madeira e nos arcos.
-
GALICIA
Ilustrador. Empezou a súa traxectoria profesional aos 24 anos como debuxante publicitario, despois de ser mariño mercante e fotógrafo profesional. De formación autodidacta, especializouse na ilustración infantil e xuvenil. Ilustrou, entre outros libros: O mago e a folla (2000), de Toño Núñez; Lobo, lobo (2000), de Xoán Babarro; No corazón da fraga (2001), de Francisco Fernández Naval e Suso Cubeiro; e Historia dunha sobreira (2001), de Ramón Caride; ademais de libros de texto. Así mesmo, realizou as ilustracións dos paneis do Centro de Interpretación de Chelo e para os fondos da longametraxe O Bosque Animado (2001), ademais de diferentes traballos relacionados co medio ambiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha barra de sinople.