"brin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 70.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo mediante o que se disolve a fibrina coagulada. O enzima que a destrúe é a fibrinolisina ou plasmina, que se forma a partir dun precursor inactivo presente no plasma chamado profibrinolisina ou plasminóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima proteolítico formado no sangue que disolve o coágulo por desintegración da fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao axente que activa a lise dos coágulos de fibrina. Entre os axentes fibrinolíticos máis empregados en medicina están a estreptoquinase e a uroquinase, que actúan estimulando a conversión do pasminóxeno en plasmina, enzima proteolítico que hidroliza a fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fibrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína fibrosa soluble do plasma sanguíneo que é a precursora da fibrina que forma o coágulo. A coagulación do sangue é o resultado da hidrólise do fibrinóxeno por un enzima proteolítico, a trombina, que produce monómeros de fibrina que polimerizan formando os coágulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da cantidade normal de fibrinóxeno no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fibrina ou fibrinóxeno polos ouriños, fóra de calquera hematuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘fame’.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor. Realizou estudios de arqueoloxía no Pontificio Instituto di Archeologia Cristiana. Foi director do Museo Diocesano Catedralicio e do Arquivo Histórico. Das súas obras destacan Finalidad de la pena eclesiástica según Amor Ruibal (1968), Un edificio con historia: antiguo hospital de Tuy (1975), Santa María de Oliveira, una iglesia románica desaparecida (1976), Lucerna romana del Museo Diocesano de Tuy (1980) e, en colaboración, Necrópolis germánica en el claustro de la catedral de Tuy (1976) e Villa romana y necrópolis germánica de Currás, Tomiño (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no extremo L da Sierra de los Filabres, regado polo río Antas (1.670 h [2001]). A súa poboación está diseminada e a economía é agrícola e gandeira, con algunhas industrias alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, profesor e escritor. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou habitualmente na prensa galega, especialmente en El Correo Gallego, con artigos marcados pola súa temática humanístico-filosófica. Das súas obras destacan Meditaciones de lo interior (1989) e Un ímpeto do tempo (Unha fixación deleitosa) (2002). É membro da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos murícidos, de menos de 10 mm e que presentan hábitos depredadores. Nas costas de Galicia atópanse dúas especies, O. aciculata e O. edwardsi, moi semellantes entre si, pero que se diferenzan na cor do corpo, xeralmente alaranxada no primeiro e abrancazada no segundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade contaxiosa, epidémica e hereditaria do verme de seda, causada polo esporozoo Nosema bombicys, que se caracteriza pola atrofia e a irregularidade da medida dos vermes que a padecen e pola aparición de manchiñas na epiderme, que se van estendendo ata matalos.
-
GALICIA
Médico e investigador. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, en Mondariz realizou labores humanitarios como médico. Colaborou na prensa local e publicou o traballo histórico El Santuario de Nuestra Señora de la Franqueira (1941). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zoca da zona do Cebreiro e Cervantes cuns furados polos que se pasan unhas correas que se atan á perna por debaixo do xeonllo.
-
-
Relativo ou pertencente ao mes de setembro.
-
-
Relativo ou pertencente á revolución de setembro de 1836 en Portugal.
-
Partidario da revolución de setembro de 1836 en Portugal.
-
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Director do teatro Drury Lane, da súa obra destaca The School for Scandal (1777) e The Critic (1779), unha sátira dos críticos e dramaturgos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo ou filla dun irmán ou dunha irmá, respecto dunha persoa.