Ocinebrina
Ocinebrina
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos murícidos, de menos de 10 mm e que presentan hábitos depredadores. Nas costas de Galicia atópanse dúas especies, O. aciculata e O. edwardsi, moi semellantes entre si, pero que se diferenzan na cor do corpo, xeralmente alaranxada no primeiro e abrancazada no segundo.