ocioso -sa
ocioso -sa
(< lat otiōsu)
-
adx
Que está desocupado e sen desenvolver ningunha actividade laboral.
Ex: Estaban no parque ociosos e aburridos.
-
adx
Que dispón de moito tempo libre.
Ex: Xa había moito tempo que non tiña un día tan ocioso.
-
adx
Que se caracteriza pola falta de actividade.
Ex: Leva unha vida ociosa.
-
adx
Que resulta superfluo ou falto de utilidade.
Ex: Pasaron horas facendo comentarios ociosos sobre o asunto.
Sinónimos: inútil.