"even" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 59.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Baltar, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.061 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Cerdedelo e Trez, ambas as dúas no concello de Laza. O seu cumio acada os 850 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade dos Países Baixos, que constitúe un barrio da Haia. É un porto pesqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o pintor que traballou nas igrexas de Santa María de Seteventos e Santa María de Marrube, ambas as dúas no Saviñao.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída en estilo románico (s XII), ten nave rectangular e ábsida dividida nun tramo recto e outro semicircular, cuberto con bóveda de canón e de cuarto de esfera, respectivamente. A ábsida está decorada con pinturas murais coa representación do Xuízo Final. Destaca a figura de Xesús rodeado de anxos trompeteiros e a de san Pedro cunha chave nas mans ao tempo que abre as portas do ceo. A porta principal está formada por unha soa arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída en estilo románico a finais do s XII ou comezos do s XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular. No interior destacan as pinturas do arco triunfal e do muro que o rodean, atribuídas ao chamado mestre de Seteventos. Están presididas pola figura do Pantocrátor rodeado dos benaventurados e dos condenados. No extradorso do arco triunfal represéntase a Anunciación. Os ocos decóranse con formas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Fundou as produtoras Amblin Entertainment e DreamWorks SKG. Da súa filmografía destacan Duel (1971), The Sugarland Express (1974), Jaws (1975), Close Encounters of the Third Kind (1977), E.T. (1982), a triloxía sobre o aventureiro Indiana Jones (Raiders of the Lost Ark, 1981; Indiana Jones and the Temple of Doom, 1984; e Indiana Jones and the Last Crusade, 1989), The Color Purple (1985), Jurassic Park (1992), Schindler’s List (1993, Oscar á mellor película e ao mellor director 1994), Saving Private Ryan (1998, Oscar ao mellor director 1999), Artificial Intelligence: AI (2001), The Terminal (2004) e War of the Worlds (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral. Coñecido como Rod Steiger, comezou a súa carreira artística no teatro e na televisión. Dos seus filmes destacan On the Waterfront (1954), The Harder They Fall (1956), Al Capone (1959), Le mani sulla città (1963), The Pawnbroker (1964), In the Heat of the Night (1967, Oscar ao mellor actor), The Sergeant (1970), Lucky Luciano (1973), Les innocents aux mains sales (1975), Hennessy (1975), F. I. S. T. (1978), The Amityville Terror (1979), The Player (1992), Crazy in Alabama (1999) e Poolhall Junkies (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que consiste nunha diminución da secreción interna das gónadas femininas e con presenza de ovarios policísticos grandes e palpables, trastornos menstruais (amenorrea secundaria ou oligomenorrea) e esterilidade.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Foi un dos principais pintores do Segundo Imperio. Cultivou o retrato feminino e temas da vida mundana. Destacan A bañista. O seu irmán, Joseph Stevens (Bruxelas 1819-1892), foi pintor de xénero e animalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Da súa filmografía destacan Alice Adams (1935), A Place in the Sun (1951, Oscar ao mellor director en 1952), Shane (1953), Giant (1956, Oscar ao mellor director en 1957), The Diary of Anne Frank (1958) e The Only Game in Town (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Barbara Stanwyck, da súa filmografía destacan Ladies of Leisure (1930), The Bitter Tea of General Yen (1933), Stella Dallas (1937), Executive Suite (1954), Crime of Passion (1956), The Night Walker (1964), The Letters (1973) e The Thornbirds (1983). En 1981 recibiu un Oscar honorífico polo conxunto da súa carreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicofisiólogo estadounidense. Especializado no campo da psicofísica, foi autor da teoría psicofísica que leva o seu nome, que se funda na apreciación cuantitativa directa da intensidade da estimulación que permite establecer escalas de relación ou subxectivas, en oposición ás escalas da psicofísica de G.T. Fechner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Publicou o seu primeiro poema revista Poetry (1914). Das súas obras destacan Harmonium (1933), Parts of a World (1942), The Auroras of Autumn (1950) e Collected Poems (1954, Premio Pulitzer en 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglesa. Coñecida como Mrs. Gaskell, foi a primeira biógrafa de Charlotte Brontë. Das súas obras destacan Mary Burton (1848), Cranford (1853), North and South (1855) e Wives and Doughters (1864-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi autor de compilacións de impresións como An Island Voyage (1879) e Travels with a Donkey in the Cévennes (1879) e de ensaios como Familiar Studies of Men and Books (1882), The New Arabian Nights (1882), Memories and Portraits (1887) ou In the South Seas (1896), pero deuse a coñecer sobre todo polas súas novelas de aventuras, entre as que destacan Treasure Island (1883), Kidnapped (1886), The Black Arrow (1888), e o relato de terror Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1886). Escribiu tamén The Master of Ballantrae (1889), The Wrecker (1892), e a inacabada Weir of Hermiston (1896), ademais dos volumes de poesía A Child’s Garden of Verses (1895) e Underwoods (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Compartiu o Premio Nobel de Física (1979) con S. L. Glashow e Abdus Salam, polos seus traballos sobre a unificación das interaccións débil e electromagnética.
VER O DETALLE DO TERMO