Seteventos, Santa María de

Seteventos, Santa María de

Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída en estilo románico a finais do s XII ou comezos do s XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular. No interior destacan as pinturas do arco triunfal e do muro que o rodean, atribuídas ao chamado mestre de Seteventos. Están presididas pola figura do Pantocrátor rodeado dos benaventurados e dos condenados. No extradorso do arco triunfal represéntase a Anunciación. Os ocos decóranse con formas vexetais.