Seteventos, San Pedro de
Seteventos, San Pedro de
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída en estilo románico (s XII), ten nave rectangular e ábsida dividida nun tramo recto e outro semicircular, cuberto con bóveda de canón e de cuarto de esfera, respectivamente. A ábsida está decorada con pinturas murais coa representación do Xuízo Final. Destaca a figura de Xesús rodeado de anxos trompeteiros e a de san Pedro cunha chave nas mans ao tempo que abre as portas do ceo. A porta principal está formada por unha soa arquivolta.