"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Místico musulmán. Predicador, estableceuse en Bagdad, onde tiña un gran número de seguidores. A ortodoxia sunnita acusouno de divulgar os segredos da mística e de prescindir da necesidade de intermediarios entre Deus e o home, polo que foi encarcerado, acusado de xiísmo en 907 e 909 e martirizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e físico árabe. Coñecido en Occidente como Alhazen, no seu tratado de óptica describiu o ollo cunha grande exactitude. Desenvolveu a idea de que os raios rectilíneos emanaban de cada un dos puntos dunha superficie iluminada, sendo o globo ocular un receptor. Trasladouse a Exipto, chamado polo Califa Hakim, onde propuxo un sistema para regular as enchentes do Nilo, que non funcionou. É autor de numerosas obras en distintos campos das ciencias, moitas delas perdidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador hispanoárabe. É autor do Muqtabis, colección de textos historiográficos, e da crónica al-Matīn, conservada parcialmente na Daẖira de ibn Bassām e considerada a primeira obra histórica andalusí.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito hispanoárabe. Foi o autor de numerosos tratados poéticos, filosóficos, xudiciais e teolóxicos, entre os que destacan Ṭawq al-ḥamāma, (Sobre o amor e os amantes) e o Naqt al-’arūs.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Décimo califa omeia (724-743), irmán e sucesor de Yāzid II. Durante o seu goberno o califato alcanzou a súa máxima expansión, cando conquistou, entre outras, Bordeos, Arles, Aviñón e Lyon. A derrota do seu exército en Poitiers (732) freou a súa expansión cara ao N de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico nestoriano e tradutor. Coñecido en Occidente como Johannitius, ademais dos seus tratados sobre oftalmoloxía, realizou traducións de Galeno do grego ao asirio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valí de Al-Andalus (716-719). Substituíu a Ayyūb ibn Habīb al-Lahmī e trasladou a capital de Sevilla a Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe. A súa obra Algorithmi de numero indorum, conservada só en versión latina, contribuíu á difusión do sistema numérico actual. Desenvolveu considerablemente o cálculo alxébrico, sobre todo a teoría das ecuacións de segundo grao. Tamén é autor de tratados de xeometría, dunhas táboas astronómicas e de diversos escritos sobre o astrolabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rabino e escritor xudeu. Destacou como predicador e escribiu un comentario filosófico sobre o Pentateuco, ‘Aqedat I ṣḥ aq, punto de referencia para o estudo da situación relixiosa e filosófica dos xudeus da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra árabe co significado de ‘fillo de’, que a miúdo forma parte dos nomes persoais.
-
PERSOEIRO
Escritor e místico. Autor dun comentario a Ḥ ikam de ibn ‘A ṭ ā ‘Allāh de Alexandría e de diversas epístolas de dirección espiritual. Representa un retorno ao sufismo primitivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta andalusí. Amigo e visir do tamén poeta al-Mu’tamid de Sevilla. Gobernou Silves (1069) en nome da taifa abbadita e colaborou na anexión de Murcia (1078), coa que se independizou, polo que remataron as súas relacións con al-Mu’tamid. Feito prisioneiro, al-Mu’tamid mercouno e asasinouno. Destacan os seus versos intrigantes e satíricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Afirmou a separación entre Deus e os seres creados, pero admitiu a posibilidade dunha ascensión mística ou viaxe. Destacou pola súa eséxese do Al Corán e a al-Futū ḥ at al-Makkiya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi o autor da al-Muqtabis, unha colección de textos historiográficos, e do al-Matīn ou crónica dos seus tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
‘Abd Allāh ibn ‘Iyā ḋ .
-
PERSOEIRO
Tradutor árabe, fillo de Ḥ unayn ibn Is ḥ āq. Foi médico na corte de Bagdad e continuou o labor de tradutor do seu pai. Dedicouse, sobre todo, a obras de matemáticas, astronomía, xeometría (Euclides) e filosofía (Aristóteles, Platón, Alexandre de Afrodisia e Porfirio).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da dinastía samánida que gobernou a Transoxiana e Fargana. Estableceu (892) a capital en Bukhara e expandiu os seus dominios ao Khorāsān e ao Ṭ abaristān.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático persa. A súa obra de álxebra (al-Fahri fī-l-gabr wa-l-muqābala) tivo influencia en Europa, especialmente no Liber abaci de Leonardo Pisano. Foi o primeiro en liberar a álxebra das operacións xeométricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe. Fillo do tamén poeta Zuhayr ibn Abī Sulma, é autor dunha casida, das máis coñecidas da literatura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo árabe. Foi un dos primeiros comentaristas de Aristóteles. Coñeceu a ciencia grega, persa e india, e esforzouse ao longo da súa obra por lle dar unha estrutura filosófica ao Islam tradicional. Recibiu a influencia do neoplatonismo, do neopitagorismo e de Xoán Filipón.
VER O DETALLE DO TERMO