Haytam, Abū ‘Alī al- asan ibn al-

Haytam, Abū ‘Alī al- asan ibn al-

Astrónomo, matemático e físico árabe. Coñecido en Occidente como Alhazen, no seu tratado de óptica describiu o ollo cunha grande exactitude. Desenvolveu a idea de que os raios rectilíneos emanaban de cada un dos puntos dunha superficie iluminada, sendo o globo ocular un receptor. Trasladouse a Exipto, chamado polo Califa Hakim, onde propuxo un sistema para regular as enchentes do Nilo, que non funcionou. É autor de numerosas obras en distintos campos das ciencias, moitas delas perdidas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Basora

  • Deceso

    Lugar : O Cairo