Hwārizmī, Mu ammadibn Mūsà al-
Hwārizmī, Mu ammadibn Mūsà al-
Astrónomo e matemático árabe. A súa obra Algorithmi de numero indorum, conservada só en versión latina, contribuíu á difusión do sistema numérico actual. Desenvolveu considerablemente o cálculo alxébrico, sobre todo a teoría das ecuacións de segundo grao. Tamén é autor de tratados de xeometría, dunhas táboas astronómicas e de diversos escritos sobre o astrolabio.