"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Pintor ruso. Participou dende 1890 ao 1900 no grupo dos Ambulantes. A súa obra é de feitura expresionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra ruso. Foi director da Orquestra da Radiotelevisión de Moscova (1964). Dende que emigrou a Israel (1972) dirixiu as principais orquestras europeas e americanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.
-
PERSOEIRO
Economista armenio. En 1956 foi nomeado director do Instituto Económico da Academia de Ciencias da URSS. Entre as súas obras destacan Chtotakoe imperializm (Que é o imperialismo?, 1954) e Problemy sorremennogo kapitalizma (Crise do mundo capitalista, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana constituída no ano 133 a C a raíz da anexión por Roma do Reino de Pérgamo, que comprendía a parte occidental da península de Asia Menor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de profesionais da restauración fundada en 1998 co pulo decidido de Luis Moya e Luis Padín. Realiza actividades de formación en relación co coñecemento, consumo e manexo do viño, con especial atención aos viños galegos, e dirixidas aos profesionais do sector, aínda que tamén realizan actividades para o público en xeral. Noutras actividades os protagonistas son os vinagres, os aceites ou os licores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en decembro de 1988, agrupa varios hoteis situados na provincia de Pontevedra. O seu obxectivo é lograr unha superior ocupación, baseándose nunha mellor atención das institucións e realizando actividades en común. Mantén unha oficina internacional situada no Porto que oferta servicios turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
PERSOEIRO
Neurofisiólogo armenio da escola pavloviana. Entre os seus traballos cómpre destacar Fisioloxía do sistema nervioso central (1953), Funcionamento e regulación do cerebro (1963) e Ensaio sobre as actividades nerviosas superiores (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Destaca no cultivo do conto, onde reflicte o carácter do pobo ruso e a vida e dificultades da xente sinxela. Destacan entre outras obras: Kraza (O furto, 1966), Kon s rosovoj grivoj (O cabalo da urina rosácea, 1961) e Poslednij poklon (A derradeira reverencia, 1968-1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asturias.
-
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á audición e tamén á visión.
-
Aplícase á técnica ou á obra informativa, didáctica, documental, etc, que utiliza elementos visuais (imaxes fixas ou móbiles, en soportes como diapositivas, películas ou a cintas magnéticas) e elementos auditivos (palabra, música e efectos de son en soportes como discos ou a cintas magnetofónicas). Inclúe desde o simple audiovisual de soporte ata as obras que incorporan audiovisual como forma de expresión autónoma, específica e independente. Aplícase aos medios de masas (mass media), aos de grupo (group media) ou aos de autoaprendizaxe (self media).
-
-
Reportaxe ou informe que emprega por separado ou de forma combinada imaxes en diapositiva, música e locución.
-
Medio de comunicación que elabora os contidos da súa programación combinando elementos sonoros e visuais: televisión, cine, Internet e radio, aínda que este último só utiliza o son.
-
-
Documento composto de imaxes e sons combinados, e ao que opcionalmente se lle poden engadir textos.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e científico do Kazakhstán. É autor da novela Abaj (1942-1947), continuada por Put Abaj (Camiño de Abaj, 1952-1956), a través da que presenta un estudo detallado da segunda metade do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estradas que, sen reunir todos os requisitos das autoestradas, posúen calzadas separadas para cada sentido da circulación e limitación de accesos ás fincas lindeiras. As autovías, tamén a diferenza das autoestradas, non se ceden en explotación a empresas concesionarias; nelas, a circulación é libre e non está sometida a peaxe, quedando a súa xestión e conservación en mans das administracións públicas competentes. A construción de autovías en España tivo un enorme impulso na década de 1980. A partir de entón optouse decididamente por esta tipoloxía de estrada para construír vías de alta capacidade por todo o territorio español, abríndose unha gran cantidade de quilómetros que facilitan unha comunicación máis fluída tanto entre o centro peninsular e a periferia como, en menor medida, entre distintas rexións periféricas. En Galicia existen actualmente dúas grandes autovías deseñadas coa finalidade de axilizar as comunicacións co centro da Meseta. A primeira delas é a A-6 ou Autovía do Noroeste,...
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor ruso. Foi un dos abandeirados do movemento relixioso que se opuxo ás reformas que Nikon introduciu na Igrexa rusa. É autor dunha autobiografía (1672-1675), considerada a primeira manifestación deste xénero en Rusia, e un dos máis senlleiros monumentos literarios anteriores a Pedro o Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Borisovič Aksel’rod.
-
PERSOEIRO
Novelista ruso. As súas novelas tratan sobre as dificultades da vida rural da posguerra: Kaval’er zolotoj zvezdy (O cabaleiro da estrela dourada, 1947-1948) e Zvet nad zeml’oj (Luz na terra, 1949-1950). Posteriormente escribiu Synovnij bunt (A revolta dos fillos, 1961), Stanica (1976) e Privol’e (Liberdade, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista ruso. As súas novelas tratan sobre as dificultades da vida rural da posguerra: Kaval’er zolotoj zvezdy (O cabaleiro da estrela dourada, 1947-1948) e Zvet nad zeml’oj (Luz na terra, 1949-1950). Posteriormente escribiu Synovnij bunt (A revolta dos fillos, 1961), Stanica (1976) e Privol’e (Liberdade, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO