"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • PERSOEIRO

    Político e xurista arxentino. Opositor a J. M. Rosas, tivo que exiliarse a Montevideo. Ao retornar do exilio, foi elixido Gobernador de Bos Aires (1852-1857), senador (1861) e Presidente do Senado (1867). Redactou o Código Penal do 1862.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dexeneración pigmentaria da retina asociada á obesidade, diabete, xordeira ou displasia xenital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • α-Amilasa cristalizada, de peso molecular aproximado 45.000, que se extrae do páncreas do porco e que se emprega en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha da vintena de enzimas que se activan especificamente co obxectivo de formar un composto aminoaciladenilato na etapa inicial da síntese de proteínas. Estas enzimas catalizan a reacción dun aminoácido específico co ATP para producir aminoacil-AMP ou aminoácido activado e pirofosfato, e tamén a transferencia do aminoácido activado ao RNA transferente específico para producir aminoacil-RNAt e AMP libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide isómero da nicotina presente na Nicotiana glauca e, sobre todo, na Anabasis aphylla (quenopodiácea do Turquestán e da rexión do mar Caspio), planta da que se extrae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.

    2. Partidario do anarcosindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano do N da actual Catalunya, coñecido só por unha citación de Polibio, na que se di que foi sometido por Aníbal no 218 a C na súa expedición contra Roma. A maioría dos autores relacionan este pobo co de Andorra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster etílico do ácido p-aminobenzoico. É un anestésico local pouco tóxico, de uso preferentemente externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de tipo hormonal que, nas plantas e, xunto coa xiberelina, constitúe a hormona da floración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula de tratamento que corresponde a unha persoa ou corporación, posta antes da sinatura do escrito que se dirixe, para indicar o cargo que exerce ou algunha circunstancia significativa da sinatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína sérica que inhibe a acción da tripsina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Anveres, cidade de Bélxica.

    2. Natural ou habitante de Anveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decapéptido liberado pola acción dun enzima renal, a renina, sobre un precursor inactivo, o anxiotensinóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Octopéptido derivado da anxiotensina I, mediante un enzima do pulmón, que ten unha enérxica acción hipertensora por vasoconstrición arteriolar, e que provoca a segregación de aldosterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina sérica precursora da anxiotensina I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga denominación das esponxas do xénero Verongia.

    VER O DETALLE DO TERMO