"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

    1. Instrumento idiófono de percusión indirecta que consiste nunha esfera de diversos materiais baleirada e furada, que leva dentro unha ou varias boliñas e cando se sacode soa.

    2. Formación típica que posúen no extremo da cola as serpes pertencentes aos xéneros Crotalus e Sistrurus. Consta dun conxunto de aneis córneos sucesivos en forma de cofia e metidos uns dentro doutros. A musculatura participa tamén na constitución do cascabel: os músculos dorsais e ventrais dos últimos segmentos da cola están modificados e as súas contraccións dan lugar a un movemento vibratorio que afecta a estes aneis, que emiten un son característico máis ou menos forte, semellante ao dun cascabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao falcón e ao gabián que levan cascabeis ou campaíñas nas patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouco siso.

    2. Que ten bo humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, pertenceu ao corpo de intendencia da Armada. Ocupou a cátedra de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidad de Murcia. Publicou, entre outras obras, Nebulosas (1934), La avena de Dafnis y otros poemas (1935-1942) (1943), La canción de los pinos (1945), Poemas del mar y del alma (1948), Argos. Poema del mar y del alma (1948, 2ª edición 1953), Lirios de Compostela (1949), Cuatro poetas belgas de hoy (1950), O espello das brétemas e outros poemas (1987) e Vuelo hacia dentro (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Condesa de Altamira. De familia nobre, escribiu poemas en galego e en castelán que se recolleron nun manuscrito da Biblioteca Nacional, hoxe perdido. Consérvase un soneto de loanza a La Araucana, de Alonso de Ercilla, datado posiblemente en 1578, que se incorporou á terceira parte do libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao neno moi inquieto e traste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabelle van Tuyll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e poetisa. Ingresou na academia dos Ricovrati de Padua en 1699 e escribiu, entre outras obras, Salmos e cancións postas en verso (1694) e As cereixas caídas (1717). Como pintora realizou retratos e pintura de historia. En 1672 ingresou na Académie Royale de Peinture. Publicou a serie de gravados Libro de debuxos (1707) e escribiu Libro de normas de debuxo (1706) e Antigas pedras gravadas sacadas dos principais gabinetes de Francia (1709-1719).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Monforte de Lemos dende febreiro ata abril do ano 1902, e que saíu dúas veces á semana. Subtitulada “Periódico Literario”, acolleu as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Colaboraron nela A. Lores, Eumenio Rodríguez, José R. Lence, Victoriano R. Gómez e José Castedo. No eido literario, ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou tamén a letra do himno anarquista, a tradución de textos da obra Pensées (Pensamentos), de Blas Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato”, de Camilo Serrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista das Indias. En Lima ingresou na Compañía de Xesús. Como misioneiro percorreu Potosí, Cochabamba, Ozcuro e México. Escribiu unha Historia del Nuevo Mundo (1653), na que incluía diversas observacións de interese científico sobre países de Centroamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil nacida en 1983 na Universidade de Santiago de Compostela, a máis antiga das que se manteñen en activo no conxunto de España. Constituídas ao abeiro da asociación Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA), axiña ampliaron a súa base organizativa con membros procedentes doutros grupos políticos de esquerda (Esquerda Galega, Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, etc), co que lograron ter presenza en todo o mapa universitario galego. Cun ideario nacionalista e de esquerdas, contan cunha longa traxectoria de loitas e reivindicacións na universidade e, conxuntamente, con outros movementos de tipo sectorial (antimilitaristas, ecoloxistas, feministas, etc). Aínda que asumen a constitución dunha organización única que represente a todos os estudiantes galegos, carece de coordinación real co ensino medio e contan coa oposición de numerosos colectivos estudiantís creados dende o reitorado (Colectivo de Independentes de Vigo, Grupo Múltiple de Santiago, etc)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo Florentina del Mar, estudiou maxisterio na Escuela Normal de Murcia e Filosofía e Letras na Universitat de València. A súa nenez transcorreu entre a súa cidade natal, Melilla, onde viviu entre 1914 e 1920, e en 1939 instalouse en Madrid. Exerceu a docencia no Instituto de Estudios Europeos e na cátedra Mediterráneo da Universitat de València en Alacant. Colaboradora con RNE e La Estafeta Literaria, xunto co poeta Antonio Oliver Belmás fundou e dirixiu a Universidad Popular de Cartagena e o Archivo Semanario de Rubén Darío na Universidad de Madrid. Da súa produción destacan, entre outras obras, os poemarios Júbilos (1934), Pasión del verbo (1944), Ansia de la gracia (1945), Mujer sin edén (1947), Vivientes de los siglos (Premio Internacional de Poesía Simón Bolívar, 1954), Derribado arcángel (1960), A este lado de la eternidad (1970), Corrosión (1975) e Cráter...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano irlandesa. Realizou estudos musicais no London Opera Centre e debutou en 1975 coa Ópera Australiana e a Ópera Nacional Inglesa. Inicialmente, interpretou papeis de mezzosoprano e, posteriormente, centrouse nos de soprano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Abū Ẓ aby en 1981 coa finalidade de promover a coordinación económica, política, cultural, militar e social dos estados do Golfo Pérsico. Está constituída por Arabia Saudí, Bahrain, Kuwait, Omán, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos. A súa sede está en Al-Riyād. Entre as políticas aplicadas figuran a abolición de taxas aduaneiras dos artigos producidos por cada país, a libre circulación de persoas e vehículos, e a coordinación de programas de comercio e desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte cirúrxico que se realiza en situación oposta a unha ferida para facilitar a drenaxe desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abelardo Fernández Correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘canteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor de vidreiras holandés. Traballou co seu irmán Wouter Crabebth (? - Gouda 1590?) na realización das vidreiras da igrexa de Saint Jans de Gouda (1552).

    VER O DETALLE DO TERMO