"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • PERSOEIRO

    Pianista. Discípula de Frank Marshall, a partir de 1940 iniciou unha brillante carreira como concertista internacional. En 1956 fundou un dúo co violoncelista Gaspar Cassadó, e dirixiu a Academia Marshall desde 1959. Recibiu numerosas distincións, das que destacan os Premios Nacionais de Música da Generalitat (1985 e 1991), o premio Grammy para o rexistro dos Cuadernos de Iberia de Albéniz (1989) e o Premio Príncipe de Asturias das Bellas Artes (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Discípulo de K. Marx, foi o principal voceiro do socialismo alemán desde 1848. Despois dunha crise ideolóxica pola falta de eco do alzamento de Garibaldi, enfocou a súa actividade propagandística exclusivamente cara aos traballadores e defendeu o establecemento de organizacións políticas obreiras para loitar polo sufraxio universal. En 1863 fundou a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns e foi o seu presidente, pero desanimado pola crecente oposición á súa visión da democracia, trasladouse a Suíza. Foi rehabilitado polo Partido Socialdemócrata, que defendeu a vía democrática e parlamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (10.016 km2; 61.085 h [1996). A capital é Minas (37.146 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico francés. Foi bispo de Nancy (1863), arcebispo de Alxer (1867), cardeal (1882) e primado de África (1884). Para gañar a amizade do pobo musulmán fundou os Pais Brancos (1868) e os Irmáns Misioneiros da Nai de Deus de África (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir do 10 de xaneiro de 1895. Cesou a súa edición no mesmo ano. Subtitulouse “Diario tradicionalista de Pontevedra. Órgano del Partido Carlista de la Provincia” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Eiras García. En 1947 apareceu outra publicación co mesmo título de periodicidade bimestral, que manifestaba a mesma liña ideolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela cabaleiresca castelá anónima, da primeira metade do s XIV, editada en 1512. Narra as aventuras de Cifar, da súa muller, Grima, e dos seus fillos, Garfín e Roboán. Manifesta, entre outras, influencias orientais, latinas, da lenda de santo Eustaquio, da materia de Bretaña e das Partidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Vallès Oriental, no fondo da depresión Prelitoral (7.238 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de trigo, alfalfa, orxo e patacas. Posúe gandería bovina e granxas avícolas e de coellos. Na industria, o sector téxtil moi mportante na década de 1970, está sendo substituído polo dos plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Fundou e dirixiu L’Opinió (1928-1929), en que definiu o republicanismo catalanista de esquerda. Membro do Parlament de Catalunya e conselleiro de Fomento, encabezou o goberno da Generalitat como primeiro conselleiro (1932-1933). Formou parte do goberno de concentración formado por Companys en 1934 e foi ministro de Traballo, Sanidade e Previsión nos gobernos de Casares Quiroga e Giral (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Líder da sublevación contra os franceses, foi nomeado vogal da Xunta de Subsidios, Armamento e Defensa da provincia de Santiago. Procurador síndico do concello de Vilagarcía (1813), foi representante do municipio fronte ao goberno ao ano seguinte. Oficial no Ministerio de Finanzas desde 1815, ascendeu a director xeral de rendas e vogal do consello superior de Facenda. Como secretario de Facenda (1823-1832) tentou dar solución ao problema fiscal e ao da débeda cunha certa modernización pero sen socavar as bases do sistema fiscal existente. Creou a Caja de Amortizaciones, fundou o Banco Español de San Fernando e a Inspección Fiscal de Aduanas. Designado senador pola Coruña desde 1844 e posteriormente vitalicio por Navarra, foi vicepresidente do Consello de Ultramar desde 1851. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Da súa produción destacan Juliano el Apóstata (1907), Galicia. Su raza y su genio (1918) e Filosofía de la ilusión (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1900 e que cesou en 1901. Subtitulouse “Revista semanal de enseñanza” e estivo dirixida polo inspector de ensino primario Xerardo Álvarez Limeses. Substituíu o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza como revista profesional de maxisterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1882 e que cesou en 1913. Subtitulouse “Revista de Instrución Primaria. Portavoz de la Asociación de Socorros de los Maestros del Distrito Universitario de Santiago”. Estivo dirixida por Augusto Milón e, posteriormente (1904), por Celestino Buján Suárez. En 1912 pasou a titularse Revista de Instrución Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Cultivou diversos xéneros, desde a comedia á reportaxe, onde mostrou un profundo sentido crítico. Da súa produción destacan Ascenseur pour l‘échafaud (1957), Pretty Baby (1978), Au revoir les enfants (1987), Milou en Mai (1989), Damage (1992) e Vanya on 42nd Street (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. A súa obra caracterizouse pola denuncia, cun estilo evasivo e indirecto. Iniciou a súa produción coa escolma de relatos Cuentos para una inglesa desesperada (1926), e seguiu coa novela Nocturno europeo (1934). Destacan tamén Historia de una pasión argentina (1935), Fiesta en noviembre (1938) e La bahía del silencio (1940), coa que inaugurou a novela cidadá na literatura hispanoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de golpes fortes que se lle dá a unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molde que se emprega para facer as mallas das redes de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO