López Ballesteros, Luís
Político. Líder da sublevación contra os franceses, foi nomeado vogal da Xunta de Subsidios, Armamento e Defensa da provincia de Santiago. Procurador síndico do concello de Vilagarcía (1813), foi representante do municipio fronte ao goberno ao ano seguinte. Oficial no Ministerio de Finanzas desde 1815, ascendeu a director xeral de rendas e vogal do consello superior de Facenda. Como secretario de Facenda (1823-1832) tentou dar solución ao problema fiscal e ao da débeda cunha certa modernización pero sen socavar as bases do sistema fiscal existente. Creou a Caja de Amortizaciones, fundou o Banco Español de San Fernando e a Inspección Fiscal de Aduanas. Designado senador pola Coruña desde 1844 e posteriormente vitalicio por Navarra, foi vicepresidente do Consello de Ultramar desde 1851. Foi membro da Real Academia de la Historia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilagarcía de Arousa -
Deceso
Lugar : Madrid