Llinars del Vallès

Llinars del Vallès

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Vallès Oriental, no fondo da depresión Prelitoral (7.238 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de trigo, alfalfa, orxo e patacas. Posúe gandería bovina e granxas avícolas e de coellos. Na industria, o sector téxtil moi mportante na década de 1970, está sendo substituído polo dos plásticos.