"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illas Anglonormandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Bismarck, que constitúe unha provincia de Papua Nova Guinea (9.600 km2; 118.350 h [2000]). A súa capital é Kavieng (6776 h [1990]). É unha illa montañosa, de orixe volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Young Ireland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Oceanía, situado a uns 1.750 km ao SL de Australia (268.021 km2; 3.737.277 h [2001]). É un arquipélago formado por dúas illas principais, a illa do Norte e a illa do Sur, polas illas Stewart e Chatham e por diversos illotes. A capital é Wellington.
    Xeografía física
    O corazón da illa do Norte está formado por un altiplano volcánico. Álzanse diversos volcáns e hai fenómenos de vulcanismo secundario. O val do Waikato, o río principal, é unha das rexións máis fértiles. A illa do Sur está percorrida pola cordilleira dos Alpes Neozelandeses, que acada a súa maior altitude no monte Cook de 3.764 m. O descenso brusco da montaña, no O, orixina costas abruptas e recortadas. O clima é marítimo con temperaturas moderadas que varían de N a S (as medias de xullo son de 11,4°C en Auckland e 6,1°C en Dunedin, e en xaneiro de 18,7°C en Auckland e 14,5°C en Dunedin), unha humidade elevada e precipitacións abundantes (1.081 mm en Auckland)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Docente da Universidade de Santiago de Compostela, da súa produción destacan Vicente Aleixandre, poeta surrealista (1980) e Las rimas sacras de Lope de Vega: disposición y sentido (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de orfo.

    2. Pensión da que gozan algúns orfos.

    3. Situación de abandono, desamparo ou soidade en que se atopa unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do italiano, e este á súa vez do francés Roland por métatese da primeira sílaba. A Igrexa rende culto a un san Orlando mártir, e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe búlgaro. Profesou no mosteiro de Khilandar, no monte Athos (Grecia). A súa Istorija Slavjanobulgarska (1762) representa o inicio da literatura búlgara moderna e do movemento autonomista da Igrexa de Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro que alcanza 150 cm de lonxitude e 150 kg de peso, ten o pelame branco manchado de negro nos ollos, as orellas, as patas e unha gran parte do abdome e do tronco, e presenta na man unha prolongación ósea que parece un sexto dedo, que utiliza para comer bambú. A súa posición filoxenética non está moi clara e durante moito tempo foi incluído na familia dos prociónidos. Habita nas selvas de bambú do S de China, Myanmar, Nepal e Tibet e está en perigo de extinción. OBS: Tamén se denomina oso panda e panda xigante.

    2. Mamífero que alcanza 55 cm de longo e é de cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú. A súa distribución xeográfica é semellante á do panda. A súa posición filoxenética non está clara e foron incluídos tradicionalmente na familia dos prociónidos, aínda que algúns científicos inclúenos na familia dos úrsidos, ou incluso nunha familia propia, a dos ailúridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cubilledo (Baleira). O seu cumio acada os 874 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Valonga (Pol) e Martín (Baleira). O seu cumio acada os 833 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pandar.

    2. Que torceu ou adquiriu forma curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pandanáceas.

    2. Planta da familia das pandanáceas.

    3. Familia de plantas leñosas arborescente ou lianoides, da orde das pandanais, que presentan frecuentemente raíces aéreas ou paliformes, follas trísticas, lanceoladas e en forma de serra, flores unisexuais, dispostas en espádice, e froitos sincárpicos carnosos. Comprende case 300 especies de distribución paleotropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pandanais.

    2. Planta da orde das pandanais.

    3. Orde de plantas leñosas ou herbáceas, da clase das monocotiledóneas, que presentan follas simples, estreitas e paralelinervias, flores unisexuais agrupadas en inflorescencias, e de froitos de diverso tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. apandar.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘sufrir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Simón da Costa (Vilalba). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada en xullo de 1976 aglutinando diversos núcleos andalucistas xurdidos en 1965 e que, en 1973, se estruturaron na Alianza Socialista de Andalucía (ASA). Partindo dun rexionalismo popular-proletario que asociaba a idea de autonomía, a de reforma agraria e o retorno da emigración, desembocou nun nacionalismo que responsabilizaba as zonas ricas de España do empobrecemento andaluz. Baixo a dirección de Alejandro Rojas Marcos, adoptou o nome de Partido Socialista de Andalucía (PSA) e foi membro da Federación de Partidos Socialistas. En 1984 cambiou o nome polo de Partido Andalucista, acentuou o seu carácter nacionalista e renunciou ao socialismo e ao marxismo.

    VER O DETALLE DO TERMO