"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
-
GALICIA
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Entre 1881 e 1892 foi enviado a Cuba como médico militar e foi membro do Centro Galego de La Habana. Colaborou, entre outras publicacións, en Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega e Nuevo Támega, e na fundación de El Eco de Galicia con Waldo Álvarez Insúa (1878). En 1877 recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval, en recompensa aos servicios prestados no desembarco de Cinco Villas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Traballou en Pontevedra como enxeñeiro auxiliar de Obras Públicas (1914-1922), onde foi enxeñeiro-xefe. Entre 1934 e 1959 ocupou o posto de enxeñeiro-director do Porto de Vigo. Presentou en 1945 un Plan Xeral de Obras do Porto de Vigo que abarcou desde a zona de Guixar ata Samil e co que dividiu o porto en cinco zonas: porto comercial, de transatlánticos, pesqueiro, diques secos para a construción en Coia e o porto da Zona Franca en Alcabre. Elaborou o proxecto da Estación Marítima de Pasaxeiros. Durante o seu mandato levouse a cabo a construción da avenida de Beiramar e a creación da Zona Franca de Vigo. Ideou tamén unha nova lonxa en 1936, que foi un referente racionalista en arquitectura, e o edificio da Autoridade Portuaria. Foi trasladado a Madrid como vicepresidente da sección de Puertos do Consejo de Obras Públicas. Concedéuselle a cruz do Mérito Naval e a do Mérito Civil. Publicou “El Puerto Pesquero de Vigo” (1944) na Revista de Obras Públicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. En 1940 recibiu unha bolsa do Círculo de Bellas Artes de Montevideo pola obra Circo al mediodía (1938). Alí, formouse con G. Laborde e J. Cúneo. Foi un dos fundadores do grupo Carlos Federico Sáez. Traballou con diferentes técnicas e realizou retratos, escenografías, deseños gráficos e intervencións urbanas. Na súa obra, que evolucionou dende o neoimpresionismo á pintura matérica, está presente a figuración. Foi asesor plástico da presidencia da República de Uruguay (1985) e proxectou, entre outras, a decoración da residencia presidencial. Participou, entre outras mostras, nas bienais de Venecia e de São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, diversas medallas no Salón Nacional de Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador venezolano. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas Arturo Michelena de Valencia (1953) e na Escuela de Artes Aplicadas Cristóbal Rojas de Caracas (1955-1957), e ampliou estudios en Berlín, París e Roma. Foi director do movemento El Círculo del Pez Dorado e pertenceu ao Centro de Enseñanza Gráfica (CEGRA) e ao Taller de Artistas Gráficos Asociados (TAGA). Participou en 1967 na creación da Galería de Arte Nacional e no proxecto de creación da Escuela de Artes Plásticas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1987.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Elixido deputado pola Fonsagrada en 1879, presentou a solicitude ao goberno para a construción do ferrocarril do NO.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado a Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Pertenceu á xunta directiva das Xuventudes Musicais de Vigo e colaborou en distintas publicacións especializadas sobre temas musicais (Na Gaits, A Nosa Terra). Publicou Milladoiro. Moito máis que un grupo de música folk (1999) e Crónica do folk galego (2000), en colaboración con Óscar Losada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Ingresou no Colegio de Misioneros para Ultramar de Ocaña (1848) e rematou os seus estudios na Universidad de Manila. Ordenouse sacerdote en 1854, foi destinado ás misións de Tung-King e foi reitor do colexio-seminario de Ninh-Cuong. En 1858, como consecuencia das persecucións aos católicos, fuxiu a Macau ata que en 1863 volveu á docencia e se encargou do vicariato central do Tung-King. É autor de Relación de los sucesos de la persecución religiosa del emperador de Tunquín Tú Buc (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Avogado, foi ministro de Gobernación no gabinete de J. M. Reyna Barrios. Á súa morte, asumiu a presidencia do país o 9 de febreiro de 1898. Durante o seu mandato producíronse crimes políticos e aplicou a lei de fugas. Fundou a primeira universidade de obreiros en Guatemala. Tralos tiroteos producidos durante unha manifestación popular o 11 de marzo de 1920, aumentou a oposición ao seu goberno e restrinxíronlle os seus dereitos ao declarar que tiña as súas facultades mentais alteradas. Renunciou ao poder o 14 de abril de 1920 e foi encarcerado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Opúxose en 1880 ás reformas liberais e encabezou, xunto co seu irmán Santiago Estrada, a reacción dos católicos. Defendeu a través da revista Argentina as súas ideas en materia de educación relixiosa. Entre as súas obras destacan Génesis de nuestra raza (1861), El catolicismo y la democracia (1862), Ensayo histórico sobre la revolución de los comuneros en el Paraguay en el s XVIII (1865) e La política liberal bajo la tiranía de Rosas (1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata que desapareceu en 1956. Colaborou, entre outras publicacións, en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche. Da súa produción destacan os artigos “Ordenanzas de la villa de Noya de 1589”, “Os cobrados de Noya”, “Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII”, “La Santa Biblia y la filatelia”, “Matasellos religiosos de Galicia”, “O correr da pluma” e “Breves notas sobre Añón”. Como poeta publicou “Cachemare da saudade”,“Muros: Poemas da terra natal” e Follas de un arbre senlleiro (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Comezou a pintar e a debuxar baixo a influencia surrealista e nos anos sesenta realizou traballos de ilustración, deseño e estampaxe téxtil. En 1970 estudiou gravado no Morley Collage (Londres) e coa gravadora arxentina Carmen Gracia. Ampliou estudios no Atelier Nord-Oslo en Noruega (1973). Traballou como estampador para Joan Miró (1974) e en 1975 trasladouse a Puerto Rico, onde estudiou pedagoxía ata 1979. Ao seu regreso a Galicia a comezos dos anos oitenta creou talleres gráficos para nenos. Interesouse polas técnicas do ocogravado, a augaforte en relevo e o gravado en seco. As súas primeiras estampas achegáronse ao informalismo e, trala súa primeira viaxe a Puerto Rico (1972), baseáronse no desenvolvemento da cor. Destaca a serie dos Gramas Ópticos, a serie de augafortes Retratos de Rosalía, os cartafoles Cantigas I-IV, sobre textos de Álvaro Cunqueiro, e As cinzas do amor, sobre textos de poetas españois; e, en colaboración con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou con Alejandro Odero e Enric Broca, e posteriormente ampliou os estudios de piano con J. Tragó e os de composición con F. Pedrell en Madrid. De 1907 a 1914 residiu en París, onde entrou en contacto con C. Debussy, I. Albéniz, P. Dukas e M. Ravel, que influíron no seu estilo. De regreso, estableceuse en Granada ata que a finais de 1939 embarcou para Arxentina. Colaborador en revistas musicais de ámbito europeo, fundou a Orquesta Bética de Cámara e creou unha música baseada no popular e no folclórico, asimilou as correntes europeas e combinou a tradición española coa modernidade contemporánea. Da súa produción, nun primeiro momento adscrita ao nacionalismo musical e próxima ao impresionismo francés no campo harmónico e na instrumentación, destaca Los amores de la Inés (1902), a ópera La vida breve (1913), Siete canciones populares españolas (1915), o ballet El amor brujo (1915), Noche en los jardines de España (1916), a farsa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e militante anarcosindicalista. Foi un dos responsables, xunto con Ezequiel Rey, da masiva afiliación a partir de 1919 das sociedades de oficio santiaguesas á CNT e da conformación da Federación Local de Sindicatos. Asumiu a secretaría da CRG-CNT entre 1925 e 1930. Durante a Segunda República foi secretario liberado pola Federación Regional de Industria Pesquera, domiciliada en Vigo, cargo que exerceu durante todo período. Agochado no seu domicilio compostelán entre 1936 e 1945, retornou á militancia cenetista e, un ano máis tarde, volveu aceptar o cargo de secretario da CRG. Detido en 1947, pasou cinco anos na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista e xornalista. Coñecido co alcume de Alejandro Silvetti, emigrou a Arxentina en 1905, onde traballou en Bos Aires como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense (1909), foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao Brasil. En São Paulo colaborou no xornal anarquista La Bataglia. En 1911 trasladouse a Montevideo, onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal Aurora. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal Solidaridad, así como doutras publicacións como Crónicas Subversivas e El Anarquista. Desde 1915 residiu en Rio de Janeiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais Na Barricada e La Protesta e participou na fundación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Automobilista. Proclamouse campión mundial de Fórmula 1 en cinco ocasións (1951, 1954, 1955, 1956 e 1957). Entre 1950 e 1957 venceu nun total de 24 grandes premios do campionato do mundo da especialidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar que se consagrou a unha divindade e onde non é necesario a existencia de edificios relixiosos.
-
GALICIA
Político. Licenciouse en Leis na Universidade de Santiago de Compostela (1828). Traballou para a Administración desde 1836 como subdelegado de Rendas e como secretario da Deputación de Ourense (1839). Foi elixido deputado polo Partido Moderado para a provincia de Ourense entre 1837-1841 e 1851-1854. Foi gobernador civil da provincia en 1843 e maxistrado da sala terceira da Audiencia de Valladolid en 1854.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Franciscano, estudiou nos seminarios de Herbón, Ponteareas e Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1951. Exerceu a docencia e en 1966 fundou en Santiago de Compostela o orfeón Terra a Nosa, do que foi director. Das súas composicións destacan numerosos vilancicos e a peza Misa gallega, para órgano e coro. Recibiu a Medalla de Galicia (1992) e foi nomeado fillo predilecto de Cartelle.
VER O DETALLE DO TERMO