"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Fixación dun grupo arilo sobre unha molécula orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e filólogo grego. Foi director da Biblioteca de Alexandría e mestre de Aristarco de Samotracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, xornalista, filósofo e político. Trasladado a Madrid por estudios, coñeceu a Pi i Margall e Castelar, e colaborou con artigos de economía política no xornal La Discusión e cunha serie titulada “La moralidad de la mentira” no xornal El Trabajo. De regreso a Pontevedra escribiu nos xornais El Progreso e El Derecho, entre outros. Deputado a Cortes por Pontevedra (1873), seguiu participando na redacción de varios xornais. Publicou Discusiones sobre la Metafísica (1879) e contos e novelas curtas como La serenata de Shubert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En sentido estricto, suspensión provisional e convencional das hostilidades mediante un acordo entre as partes belixerantes, sen que signifique, sen embargo, o remate da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aromatizar.

    2. Aplicación de aromatizantes. A aromatización é unha operación industrial, xeralmente simple na que o aromatizante pode ser aplicado por disolución, dispersión, mestura, pulverización dun líquido sobre un sólido ou impregnación.

    3. Formación de hidrocarburos aromáticos no reforming catalítico das fraccións do petróleo. En moitos casos a acción é efectuada en presenza de hidróxeno e chámase hydroforming.

    4. Transformación dun composto alicíclico (con ciclos hexagonais) en aromático, por deshidroxenización. A aromatización obtense, xeralmente, quentando en presenza de catalizadores de hidroxenización (platino ou paladio) ou de certas substancias facilmente reducibles (xofre, selenio ou tetraclorobenzoquinona).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ovo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada por Carlos Blanco. Estreou espectáculos como Directamente Paco (1993) ou A histe(o)ria de Lili Brown (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • onde A é o factor de frecuencia, independente da temperatura; E é a enerxía de activación e R é a constante dos gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrogar ou arrogarse.

    2. Adopción dunha persoa non sometida á potestade doutra.

    3. Delito que consiste en que un funcionario da administración pública se atribúe funcións xudiciais ou impide a execución das resolucións dos tribunais; tamén se lle aplica ao xuíz que se atribúe funcións ou impide o exercicio lexítimo das atribucións dunha autoridade administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse nos anos sesenta na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde recibiu unha fonda influencia de Curty e Maximiliano Vidales Espinosa. Foi un artista polifacético que realiza caricatura, retrato e paisaxe; así mesmo, a permanente innovación levouno a realizar esculturas con obxectos de refugallo con grande imaxinación. A súa obra participa dunha eterna vocación romántica e posúe unha suave ironía de fondo. A partir de moldes impresionistas, realiza unha pintura sobria, case esquemática e baseada nun firme debuxo, dun acabado coidadísimo e de pincelada solta e de ampla mancha colorista que, ás veces, queda circunscrita por unha liña negra. A cor é a verdade máxima da súa pintura. Recibiu o Premio Dotación de Arte Castellblanc (1969) e concorreu nas Bienais de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Zona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal (ósos, artellos) que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por: superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares e protexen do desgaste; ligamentos articulares, que manteñen en contacto as superficies articulares; cápsula articular ou sinovial, que limita a articulación e segrega a sinovia que a lubrifica. Considéranse tres tipos de articulacións óseas segundo o grao de mobilidade: as sinartroses, inmóbiles, como as articulacións dos ósos do cranio; as anfiartroses, que teñen movementos de balanceo, como as articulacións das vértebras e da sínfise púbica; e as diartroses, de movementos amplos, como as articulacións do xeonllo e do cóbado.

      2. articulación de Chopart

        Articulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.

      3. articulación de Cruveilhier

        Articulación alantoodontoidal humana.

      4. articulación de Lisfranc

        Articulación tarsometatarsiana do ser humano.

    1. Nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.

    2. Unión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión. O desprazamento pode estar limitado só a un plano, como é o caso das bisagras, dos garfos, das unións biela-manivela, etc, ou pode atinxir un ámbito espacial relativamente amplo, como é o caso das rótulas.

    3. Acción de enunciar en artigos separados.

      1. Posición e movementos, activos e pasivos, globais dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo. Na fonética tradicional, sóense distinguir tres tipos de trazos articulatorios: o punto, o modo e o tempo de articulación. O punto de articulación fai referencia ao lugar no que se aplican os órganos de fonación para producir un son. O modo de articulación indica o grao de abertura dos órganos. O tempo de articulación clasifícase en tres etapas ou momentos case sempre ben diferenciados: intensión, tensión e distensión.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habilidade ou arte para facer unha cousa.

    2. Habilidade ou arte empregadas para disimular ou esconder a verdade e as imperfeccións dunha cousa, xeralmente produce un efecto enganoso.

    3. Instrumento ou aparello que facilita a realización dalgún labor con maior rapidez ou facilidade.

    4. Falta de naturalidade ou de espontaneidade.

      1. Dispositivo que provoca efectos explosivos e luminosos.

      2. fogo de artificio

        fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está feito con artificio.

    2. Que non ten naturalidade.

    3. Que presenta artificios ou trucos que pretenden enganar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación artístico-musical creada na Estrada en 1932 que tivo continuidade ata a Guerra Civil Española. Entre os seus compoñentes estaban Antonio Fraguas y Fraguas, o musicólogo Antonio Pazo Álvarez, Avelino Durán Barros (presidente fundador) e Alfonso Isla Rubiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque nacional do N de Tanzania, situado entre o cráter Ngorongoro e o monte Meru (4.567 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dunha rocha compacta ou dun mineral en arxila. O tipo máis corrente de transformación é a que sofren diversos minerais como a mica e, nalgúns casos, os piroxenos e os anfíbolos. Consiste en moitos procesos de hidratación con substitucións de ións que provocan cambios de estrutura. Resultan diversas menas de arxilas, cada vez máis alteradas (ilítica, vermiculítica, montmorrillonítica) que gañan en poder de intercambio de ións. Un caso particular de arxilización é a caolinización. Durante a arxilización libéranse diversos ións interesantes para as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de peritecio formado por filamentos producidos polo pé do ascogonio, que envolve un grupo de ascos e de paráfises ascendentes. Adoitan ter forma de ampola e ábrense por un ostíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO