Arrondo Moro, Ignacio

Arrondo Moro, Ignacio

Pintor. Formouse nos anos sesenta na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde recibiu unha fonda influencia de Curty e Maximiliano Vidales Espinosa. Foi un artista polifacético que realiza caricatura, retrato e paisaxe; así mesmo, a permanente innovación levouno a realizar esculturas con obxectos de refugallo con grande imaxinación. A súa obra participa dunha eterna vocación romántica e posúe unha suave ironía de fondo. A partir de moldes impresionistas, realiza unha pintura sobria, case esquemática e baseada nun firme debuxo, dun acabado coidadísimo e de pincelada solta e de ampla mancha colorista que, ás veces, queda circunscrita por unha liña negra. A cor é a verdade máxima da súa pintura. Recibiu o Premio Dotación de Arte Castellblanc (1969) e concorreu nas Bienais de Pontevedra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Falecemento