"Dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilalba. Pertenceu a un antigo mosteiro. Reformada en 1923, ten planta rectangular cunha soa nave e capela maior. Ten cuberta a unha auga. No interior conserva unha cruz procesional e un cáliz do s XVII, e esculturas do s XVIII. No exterior, a fachada é arquitrabada e ten unha espadana dun corpo con dous vans. O atrio (1889) está formado por dúas pilastras de pedra. Consérvase un cruceiro coas imaxes de Cristo e da Piedade, e cunha inscrición de indulxencias na base datada en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse a partir dos muros da primitiva igrexa do s X que pertenceu ao mosteiro de Cinsa. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de santa Bárbara, Cristo e santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno ou cambio causado por unha alteración na nutrición que se traduce nunha diminución do volume ou perda das capacidades funcionais dun órgano ou dun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á distrofia.

    2. Que ou quen padece distrofia.

    3. Aplícase á substancia ou ao medio nutritivo que presenta deficiencias ou anomalías, especialmente aos medios acuáticos pobres en substancias beneficiosas para as algas e de acidez elevada debido á presencia de ácidos húmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interrupción dun estado de paz e tranquilidade, especialmente se carrexa unha alteración da orde pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inducir a desistir dun propósito ou a non facer algunha cousa mediante razóns e argumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disuadir.

    2. Estratexia política internacional fundamentada na construción e acumulación de armamento co fin de desanimar os adversarios en potencia de tomar a iniciativa dunha agresión armada, que provocaría unha resposta máis destrutiva.

    3. Termo que alude a unha das dúas opcións ou finalidades que persegue o xénero deliberativo, un dos tres xéneros oratorios recoñecidos desde Aristóteles xunto ao xudicial e ao epidíctico. Un discurso pertencente a este xénero ten como obxectivo argumentar a conveniencia ou non dunha determinada acción, atendendo, principalmente, á súa maior ou menor utilidade para a comunidade. Así se se aconsella levala a cabo, o discurso será suasorio e, no caso contrario, disuasorio. A base da disuasión está na acumulación de exemplos que ilustren a posición en contra adoptada polo orador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disuasión.

    2. Que disuade ou tende a disuadir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que contén na molécula dous atómos de xofre unidos en forma de ponte (-S-S-).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión difícil ou dolorosa ao expulsar os ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anomalía ou defecto do desenvolvemento.

    2. Calquera dos estados intersexuais debidos a unha alteración no número dos cromosomas sexuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disxenesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno de ovario formado por células xerminais indiferenciadas; tamén se pode encontrar no mediastino e noutros casos na glándula pineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de separar ou desunir unhas partes das outras.

    2. Ruptura bioxeográfica que non permite o fluxo xenético entre dous núcleos poboacionais dunha mesma especie. Esta ruptura pode ser por barreiras naturais, como os cambios xeolóxicos ou climáticos, ou por efecto do home, como as grandes infraestruturas (encoros, autoestradas, etc) ou a deforestación de extensións de terreo.

    3. Separación normal dos cromosomas homólogos durante a meiose. A non disxunción orixina gametos euploides.

    4. Separación de dúas ou máis unidades lingüísticas que loxicamente deberían ir xuntas.

    5. Relación semántica que se expresa mediante unha coordinación disxuntiva. Pódese distinguir a disxunción exclusiva e a disxunción inclusiva. A primeira implica a elección dun dos seus elementos e a exclusión dos outros (Unha de dúas: ou ves ou quedas); mentres que a segunda implica unha alternativa na que a escolla non invalida necesariamente as outras opcións ofrecidas (Poden participar no concurso de debuxo cativos de dez ou doce anos).

    6. Nome de dúas conectivas binarias: a disxunción inclusiva, que na lóxica simbólica se representa co signo (v), e a disxunción exclusiva, representada polo signo (F). A inclusiva p v q, lese “p ou q”, e a exclusiva pFq, lese “ou p ou q”.

    7. asíndeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación en que hai que elixir entre dúas opcións opostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica disxunción.

    2. Que establece ou expresa unha disxunción entre dúas unidades lingüísticas.

    3. Razoamento dedutivo en que unha ou máis proposicións son disxuntivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está separado ou desunido.

    2. Relativo ás áreas bioxeográficas que non son continuas ou que están fragmentadas.

    3. Aplícase aos conxuntos que non teñen elementos en común. Por exemplo, se A= {1,2,5} e B= {3,4,6}, A e B son conxuntos disxuntos.

    4. Aplícase á cruz ou aspa cos brazos divididos e separados de dous en dous, polos seus eixes de simetría lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO