"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Nome que recibiu en 1972 a Axencia Europea de Enerxía Nuclear, institución con sede en París, fundada en 1958 pola Organización Europea de Cooperación Económica (OECE) e dependente da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE, substituta da anterior) dende 1961. Ten por finalidade promover e coordinar proxectos conxuntos de desenvolvemento da enerxía nuclear para usos pacíficos. Pertencen a ela todos os estados membros da OCDE agás Nova Celandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidas popularmente as especies do xénero Rhododendron que se desenvolveron como plantas de interior. Pertencen basicamente a dúas especies, R. x obtusum e R. simsii, de follas perennes duns 5 cm de lonxitude e flores simples ou dobres nunha ampla gama de cores, principalmente rosa, vermella ou branca, que soen crecer ata uns 45 cm de altura como plantas de testo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior dunha casa, plana e descoberta, disposta para poder andar por riba dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar baba.

    2. Sentirse moi compracido por alguén ou por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar baba.

    2. Sentirse moi compracido por alguén ou por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Conservador do Cabinet des Médailles (Gabinete das Medallas) de París. Autor de estudios e catálogos numismáticos como La numismatique antique (A numismática antiga, 1944) e de diversos traballos sobre historia da arte e a civilización hispánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Conservador do Cabinet des Médailles (Gabinete das Medallas) de París. Autor de estudios e catálogos numismáticos como La numismatique antique (A numismática antiga, 1944) e de diversos traballos sobre historia da arte e a civilización hispánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudiou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tocar a campá co badalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e membro da Pleiade. Cultivou unha poesía de ton academicista: Les amours de Méline (Os amores de Méline, 1552); L’amour de Francine (O amor de Francine, 1555), no que seguiu o modelo petrarquista, e Mimes, enseignements et proverbes (Mimos, ensinos e proverbios, 1576). Reformou a métrica francesa e cultivou o teatro: Brave (Bravo, 1567). Fundou a Academia de Poesía e Música (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e político. Deputado polo terceiro estado, volveuse popular e foi elixido presidente do consello municipal de París en 1789. O 17 de xullo de 1791 ordenou cargar contra a multitude que reclamaba a abdicación do rei. Foi guillotinado en 1793. Membro da Academia de Ciencias de París, publicou diversos estudios sobre a historia da Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título da cidade de Baiona (Val Miñor) en alusión ao seu caracter de señorío de reguengo na Idade Media e no Antigo Réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea de Notables reunida en Baiona (Francia), promovida por Napoleón Bonaparte e convocada polo mariscal francés Murat e a Xunta de Goberno logo das sucesivas abdicacións dos monarcas españois Carlos IV e Fernando VII. Á xuntanza déuselle carácter de Cortes coa finalidade de aprobar o Estatuto Real, primeira Constitución moderna de España. Convocada sobre xuño-xullo do 1808, en ningún momento pasou de 91 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Constitución de Baiona

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural localizado no curso baixo do río Ulla, dende a súa desembocadura ata a confluencia co río Sar. Situado entre os termos municipais de Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, abrangue unha extensión de 1.108 ha. Dende 1991 ten a cualificación de espazo natural en réxime de protección xeral. Na súa desembocadura o Ulla orixina unha ampla chaira aluvial, composta por sedimentos cuaternarios e colonizada por vexetación marismeña que se estende cara ao N seguindo o curso do Sar. Actualmente no leito do río deposítanse sedimentos areosos que ao crecer chegan a constituír illas permanentes, que dividen a canle principal do río en canles secundarias. Os bancos de area que se forman están en continua evolución, e a mobilización dos sedimentos vai modificando lentamente o aspecto das canles. Nalgúns puntos do curso baixo do río, influenciados polas mareas, desenvólvense pequenas áreas marismeñas de substratos areoso-limosos, ocupados por vexetación típica das marismas.
    Flora e fauna
    No...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filtro para aplicacións de edición de imaxes que simula diferentes texturas como pel de réptil ou arxila seca.

    VER O DETALLE DO TERMO