"Eva" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 409.

  •   (Lugo 27.1.1959) Escritor. Foi xerente da Universidade de Santiago de Compostela (1988-1990) e concelleiro en Santiago (1991-1999). Ademais de colaborar en diversas rodaxes do equipo Imaxe, escribiu Adeus, India, adeus (2000) e Cuarteto con piano (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e agrarista. Defendeu o traballo do pequeno propietario alodial, colaborou en diversas publicacións baixo o pseudónimo de Un labrador a la moderna e participou na Geografía general de Galicia de F. Carreras Candi. Publicou diversas obras e postumamente editouse Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España Altántica (1984) e Los grandes problemas del campo (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Graduouse en París en 1928. Tentou renovar o estilo colonial, pero axiña se adheriu ás teorías de Le Corbusier. En 1944 proxectou a Ciudad Universitaria de Caracas, onde sobresaen o Estadio Olímpico (1950) e o Instituto de Farmacia (1963). Realizou tamén a Ciudad Residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudou en Roma (1758-1765) e, de volta a Madrid, en 1768 foi nomeado arquitecto de El Escorial, onde fixo a Casa de los Infantes (1771) e a Casita de Abajo (1773). Proxectou tamén a Casita del Príncipe (1784) de El Pardo e o Museo del Prado (1785). Construíu, tamén en Madrid, a Casa del Nuevo Rezado, sede da Real Academia de la Historia (1788), o Oratorio del Caballero de Gracia (1789) e o Observatorio Astronómico (1790), e reformou a Plaza Mayor (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Isaura Vázquez Blanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que se difundiu a través do francés Geneviève, procedente do latin tardío Genovefa, de orixe incerta. Tagliavini di que está composto do céltico geno ‘xénero, estirpe’ e do xermánico wefa ‘muller, dona’, e de aí ‘muller nobre, de estirpe elevada’, mentres que outros autores o derivan do galés Gwenhuifar ‘branca como a escuma do mar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nanterre? 420 - París? 500) Pastora. A lenda presentouna como unha penitente que salvou coa súa oración a cidade de París da incursión dos hunos e dos francos. Iconograficamente representouse como unha pastora ou unha monxa, cunha cruz ao pescozo e unha vela ou facho na man. A súa festividade celébrase o 3 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Betsaida, Galilea s I - Éfeso? s I) Apóstolo, fillo de Zebedeo e irmán de Santiago o Maior. Pescador, xunto ao seu irmán seguiu a Xesús e acompañouno ata a súa morte. Segundo Tertuliano, sobreviviu en Roma ao tormento da caldeira de aceite fervendo e retirouse á illa de Patmos, onde tivo as visións da Apocalipse. Pasou os seus últimos anos en Éfeso onde puido escribir o Evanxeo que se lle atribúe. Segundo a lenda un anxo avisouno da súa morte e os seus discípulos non atoparon o seu corpo no sepulcro e concluíron que subira ao ceo. En Occidente represéntase como un mozo imberbe e en Oriente como un vello calvo, de barba branca. Leva como atributos a aguia, a copa envelenada, a caldeira de aceite e a palma do paraíso. Represéntase só, con Xesús e os apóstolos ou coa Virxe María ao pé da cruz. A súa festividade celébrase o 27 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Natali Wood, caracterizouse polo seu temperamento dramático. Destacou en Rebel Without a Cause (1955), The Burning Hills (1956), Splendor in the Grass (1961), West Side Story (1961) ou Brainstorm (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO