"Far" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 541.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán, ao N do Golfo Pérsico (126.489 km2; 3.817.036 h [1996]). A capital é Shīrāz. Colonizado pola tribo indoeuropea dos persas dende mediados do II milenio a C, durante o reinado de Ciro II de Persia (559 a C-529 a C) a cidade de Pasargadas, en Fārs, converteuse na capital do Imperio Persa-Aqueménida.
-
-
-
Xénero dramático breve, de contido cómico e esquemático. Desenvolveuse como xénero a partir das actuacións dos xograres durante o s XIII, e consolidouse en Francia no s XV, onde destaca La Farce de Maître Pàthelin. En Italia colleu elementos da commedia dell’arte e tivo moita difusión no Véneto, coas obras de Angelo Beolco (s XVI) e o seu seguidor, Andrea Calmo. En Nápoles adoptou uns trazos característicos (farsa napolitana), e Pietro Antonio Caracciolo (s XVI) foi o principal representante. Noutros países este xénero apareceu menos delimitado e confundiuse, pola forma e a temática, coa comedia. Relegada por esta, a farsa rexurdiu a finais do s XVIII baixo a denominación de comedia-proverbio ou de come-dia-parada. O xénero revitalizouse no s XX con diversas variantes e cultivadores (Crommelynck, Valle-Inclán, Ionesco, Beckett). No teatro galego destacan as farsas Laudamuco señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño, Proceso en Jacobusland,...
-
farsa musical
ariedade da ópera bufa de pequenas dimensións e de tema a miúdo inverosímil ou grotesco, satírico ou erótico. Cultivouse en Inglaterra (ballad farse), en Francia e, sobre todo, en Italia nos ss XVIII e XIX. Destacan as farsas de Rossini (La cambiale di matrimonio, 1810; Il signor Bruschino, 1813) e Donizetti (Il campanello di notte, 1836).
-
-
Enredo ou trampa que se fai para aparentar, ocultar ou enganar a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción burlesca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico-histórico latino, en hexámetros, de Marco Anneo Lucano. De grande elaboración retórica, describe a guerra civil entre César e Pompeio. Componse de 10 libros, pero parece que Lucano pensaba escribir outros dous máis e finalizar o poema coa morte de César. Pénsase que foi composto en dous períodos distintos: os 3 primeiros libros, centrados nos comezos da guerra civil (dun xeito relativamente favorable a César), serían escritos antes do seu enfrontamento con Nerón, e os 7 restantes, de tendencia republicana, publicaríanse postumamente. O título orixinario da obra era Belli civilis libri decem, pero con posterioridade recibiu o nome de Pharsalia (‘Grecia’), cidade onde tivo lugar a batalla en que César venceu o seu inimigo. É unha obra anticlásica e innovadora (vinculada ao movemento estoico), xa que desde o comezo intenta renovar a épica e impor un novo estilo rompendo coas convencións do xénero que estaban fixadas desde Homero e Virxilio. Tense debatido se o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre Xulio César e Cneo Pompeio durante a Guerra Civil que tivo lugar o 9 de agosto do 48 a C en Tesalia. As tropas de Pompeio, compostas por 11 lexións e un corpo de cabalería formado por 7.000 xinetes, foron derrotados polas oito lexións de veteranos que dirixía César apoiadas por un corpo de cabalería de 1.000 xinetes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertence a Farsalia, antiga cidade de Grecia.
-
-
Persoa que se dedicaba profesionalmente a representar farsas.
-
Que ou quen finxe sentimentos, opinións ou accións que pretende facer pasar por verdadeiras para enganar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
persa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de fartar ou fartarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.
-
-
Facer que alguén satisfaga plenamente a súa fame ou sede.
-
Cansar ou aburrir a alguén ata o punto de facer que perda o interese ou a paciencia.
-
Encherse alguén de comida ou bebida.
-
Cansarse de algo ou alguén ata o límite de non poder soportalo.
-
Realizar alguén unha acción moitas vesces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe de corpo oblongo que acada os 5 cm de lonxitude -as femias de maior tamaño ca os machos-, con aletas redondeadas e transparentes, escamas relativamente grandes e boca dirixida cara arriba. Os machos presentan bandas verticais azuladas e prateadas, con bandas anchas verticais e escuras nas aletas, mentres que as femias son pardo-verdosas, con manchas escuras distribuídas de forma irregular polo corpo. Forman grupos pouco numerosos que se alimentan principalmente de pequenos invertebrados e algas. Reprodúcense entre abril e setembro, época en que os machos adultos defenden, doutros machos, pequenos territorios onde penetran as femias. Logo do cortexo nupcial, que consiste principalmente en movementos circulares arredor da femia, depositan os ovos en madeixas de algas filamentosas ou entre plantas acuáticas de follas delgadas, que son fecundadas polo macho. Cada tempada, as femias poden depositar ata un millar de ovos que eclosionan aos 8 días. Os fartets acadan a madurez sexual aos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda inglesa de bronce cuñada por primeira vez durante o reinado de Alexandre III de Escocia (1249-1292). Equivalía a 1/4 de penique.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, un castelo de goles, con cachotería de sable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de fartar ou fartarse. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ben canta Marta despois de farta. Farto está o carneiro que anda á topadas no seu compañeiro. Morra Marta e morra farta”.
-
GALICIA
Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran abundancia de algo, ás veces excesiva. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fartura sete faltas disimula. Coa fartura calquera pobre atura. Non peca de gula o que nunca tivo fartura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
farturento.