farsa
(
-
-
s
f
[ESPECT]
Xénero dramático breve, de contido cómico e esquemático. Desenvolveuse como xénero a partir das actuacións dos xograres durante o s XIII, e consolidouse en Francia no s XV, onde destaca La Farce de Maître Pàthelin. En Italia colleu elementos da commedia dell’arte e tivo moita difusión no Véneto, coas obras de Angelo Beolco (s XVI) e o seu seguidor, Andrea Calmo. En Nápoles adoptou uns trazos característicos (farsa napolitana), e Pietro Antonio Caracciolo (s XVI) foi o principal representante. Noutros países este xénero apareceu menos delimitado e confundiuse, pola forma e a temática, coa comedia. Relegada por esta, a farsa rexurdiu a finais do s XVIII baixo a denominación de comedia-proverbio ou de come-dia-parada. O xénero revitalizouse no s XX con diversas variantes e cultivadores (Crommelynck, Valle-Inclán, Ionesco, Beckett). No teatro galego destacan as farsas Laudamuco señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño, Proceso en Jacobusland, de Eduardo Blanco Amor, A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida, de Euloxio R. Ruibal, e O velorio, espectáculo do grupo Troula dirixido por Antonio Simón a partir do texto homónimo de Francisco Taxes.
-
farsa musical
[MÚS]
ariedade da ópera bufa de pequenas dimensións e de tema a miúdo inverosímil ou grotesco, satírico ou erótico. Cultivouse en Inglaterra (ballad farse), en Francia e, sobre todo, en Italia nos ss XVIII e XIX. Destacan as farsas de Rossini (La cambiale di matrimonio, 1810; Il signor Bruschino, 1813) e Donizetti (Il campanello di notte, 1836).
-
s
f
[ESPECT]
-
s
f
Enredo ou trampa que se fai para aparentar, ocultar ou enganar a alguén.
Ex: Toda a súa vida era unha farsa.
Sinónimos: argallada, comedia. Confrontacións: teatro.