"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

      1. Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.

      2. diferencia específica

        Calidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.

    1. Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas. OBS: Emprégase normalmente en plural.

      1. Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.

      2. cálculo de diferencias

        Estudio das propiedades dunha función da que só se coñece un conxunto finito de valores f(x 0 ), f(x 1 ),..., f(x n ), que corresponden aos argumentos x 0 , x 1 ,..., x n , os que, habitualmente, se collen en progresión aritmética x r =x 0 +r w . Defínese o operador diferenza D mediante a expresión Df(x)=f(x+ω)-f(x), e o operador incremental E, definido por E w f(x)=f(x+ω)+f(x)+Df(x), de maneira que E=1+D. Tamén se estableceron unha gran cantidade de fórmulas para determinar os resultados da integración numérica de funcións.

      3. diferencia de conxuntos

        Dados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, A«B’.

      4. diferencia dividida

        Dado un conxunto de n argumentos, x0,...,xn, dunha función f(x), cada unha das cantidades empregadas no cálculo de diferencias, que teñen como forma xeral (de orde j) a representada por [x0 x1...xj]. O seu valor é


        FORMULA

      5. diferencia simétrica

        Entre dous conxuntos A e B, conxunto ADB = (AB) - (A3B).

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode diferenciar.

    2. Aplícase á función que ten diferencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.

    2. Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.

    3. Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas. O concepto aplícase especialmente á diferenciación celular. Esta ten lugar durante o desenvolvemento embrionario ou en procesos de rexeneración, e dá lugar a grupos de células funcional e morfoloxicamente distintas. A diferenciación celular pode ser profunda e definitiva desde os primeiros estadios, como no caso das células nerviosas, ou ben ser mínima, como no caso dos histiocitos, que conservan a totipotencia e isto permítelles intervir en procesos de rexeneración. As células xerminativas son absolutamente indiferenciadas e poden converterse en calquera clase de célula.

      1. Fenómeno que consiste en que dous fonemas contiguos tenden a aumentar as súas diferencias articulatorias, ou ben un fonema, durante a súa emisión, tende a distinguir diversos matices articulatorios.

      2. posición de diferenciación máxima

        Contexto fonolóxico que permite a maior distinción posible na realización dun fonema.

      1. diferenciación magmática

        Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa. Cando o magma arrefría, comezan a cristalizar os minerais que teñen o punto de fusión máis alto. A cristalización do magma é, polo tanto, fraccionada. Coma os primeiros minerais que se separan adoitan ser os ferromagnéticos, como a olivina e os piroxenos, as rochas formadas ao fondo das masas plutónicas son máis básicas, pola súa gran densidade, ca as superficiais. A diferenciación dun magma tamén se pode traducir por fenómenos de compresión, xa que a fracción fluída pode escapar máis facilmente ás zonas de menor presión, mentres os cristais forman un tipo de malla ou esponxa que se concentra no mesmo lugar onde se orixinara.

      2. diferenciación metamórfica

        Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.

    4. Caracterización dun produto que se presenta aos consumidores como distinto doutros que o poderían substituír. Refírese á apreciación subxectiva que fan os consumidores, condicionada, entre outros aspectos, pola publicidade, pola presentación ou polas condicións de venda.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de diferenciar ou diferenciarse.

    2. Aplícase ao tecido embrionario que está nun estadio do seu desenvolvemento no que só se pode diferenciar nunha determinada dirección, sen posibilidade de distinguirse en calquera outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que diferencia.

    2. Dispositivo ou circuíto que dá un sinal de saída proporcional á derivada, é dicir, á velocidade de variación do sinal de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á diferencia.

      2. Que indica ou constitúe diferencia.

    1. Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos, entre outros, os que tanto o seu funcionamento como a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada.

    2. Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos. Un exemplo sería o barómetro diferencial.

      1. Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.

      2. diferencial dunha función nun punto

        Aplicación lineal de On en O tanxente a f no sentido que


        FORMULA


        dada f: U DO, U aberta de On. En coordenadas escríbese


        FORMULA2



        onde dxiÎ (On, O) é sacar a coordenada i. Dise que f é diferenciable se ten diferencial en calquera punto de U. A diferencial dá información para o estudo local dunha función como, por exemplo, no cálculo de extremos.

    3. Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior. Un diferencial consta dunha roda con dentado cónico que se denomina coroa, no que engrena o piñón de ataque do eixe do motor. Dentro da caixa do diferencial hai montados catro piñóns, chamados satélites, que poden xirar libremente. Sobre estes piñóns, e en puntos diametralmente opostos, dúas coroas fixas, chamadas planetarios, engrenan con cada un dos semieixes aos que se suxeitan as rodas. Cando estas xiran a velocidades iguais, o conxunto móvese solidariamente, pero se unha das rodas se retarda, os piñóns comezan a xirar e a coroa unida á outra roda xira máis rápido. Nos diferenciais autobloqueadores, por medio duns discos de freo, todo o conxunto tende a comportarse como ríxido. En vehículos todoterreo móntanse diferenciais de bloqueo total, que dispoñen dun sistema de encravamento...

    4. Diferencia que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período. Existen, entre outros, diferenciais dunha taxa de cambio, dunha taxa de interese entre dous mercados, dunhas rendas e da inflación.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao diferencialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percibir a diferencia entre dúas ou máis cousas ou persoas.

    2. Ser algo o que discirne dúas persoas ou dúas cousas.

    3. Calcular a diferencial dunha función.

    4. Amosarse, unha cousa ou persoa, diferente doutra.

    5. Facerse alguén relevante ou famoso por ter feito algo ou polas súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é igual.

    2. Que non é o mesmo.

    3. Máis dun ou un número máis ou menos numeroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode diferir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de diferir.

    2. Emisión ou programa, tanto en televisión como en radio, que se retransmite un certo tempo despois de ser gravado. OBS: Emprégase frecuentemente a locución en diferido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar a realización dunha cousa para máis tarde ou para outro momento.

      1. Ser diferente unha persoa ou cousa doutra.

      2. Ter unha opinión diferente ou estar en desacordo con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de horas de Fernando I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza situada en Vilarello (Cervantes), á beira do río Cancelada, sobre un outeiro rochoso de difícil acceso. Construíuse no s XV e pertenceu ao conde de Grajal de Campos, señor de Cervantes. De planta rectangular, conserva no muro sur a torre da homenaxe, tamén rectangular. Os muros son de cachotería de lousa e coroáronse con ameas. A porta de acceso á torre comunica co patio de honra e ten un arco de medio punto. Relaciónase coa lenda da muller cervo que narra a historia dunha doncela que desapareceu do castelo e que foi dada por morta pola súa familia. Un día, o seu irmán matou unha cerva branca e gardou unha das súas patas no seu zurrón e, ao chegar á casa, en lugar da pata atopou unha man de muller cun anel semellante a un dos da súa irmá, entón regresou ao lugar no que deixara a cerva e atopou o corpo da irmá. Cóntase que a doncela se converteu en cervo para ser protexida do bosque. En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e deseñador. Iniciou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e de audiovisuais na facultade de Arte da Universidade de Vicennes. Residiu en Inglaterra entre 1971 e 1973 e, ao seu regreso, comezou a traballar no terreo da moda masculina. Coa súa familia creou a firma Adolfo Domínguez en 1976. Realizou varias incursións no mundo audiovisual, coa creación dos figurinos para a montaxe da obra A Lagarada, posta en escena polo Centro Dramático Galego (1992), e a produción do filme La Moños, dirixida por Mireia Ros en 1995; e no mundo literario, coa publicación da novela Juan Griego, en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO