"García" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 414.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Ingresou na carreira fiscal en 1985. Fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde 2004, foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004) e fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004). Foi presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). Colaborou en diversas publicacións especializadas e en Contos da Xustiza (2002). Membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, da Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela, recibiu o Premio Lois Peña Novo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi xefe de Tráfico de Telégrafos da Coruña, cargo do que foi expulsado tras a Guerra Civil Española e definitivamente separado desde 1942. Posteriormente dirixiu a empresa de Armadores de Buques Pesqueros (Arbupes). Os temas principais das súas pinturas, de corte impresionista e xeralmente pintadas ao natural, foron as paisaxes, as mariñas e as corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Emigrado en Cuba tras abandonar a carreira eclesiástica, traballou como profesor e dirixiu o xornal El Progreso. Instalado en Nova York (1865), fundou e dirixiu a revista El Progreso, ao tempo que inventaba unha máquina de calcular. Xa establecido en Bos Aires volveu editar El Progreso e publicou as novelas La cruz de piedra (1855), a colección de artigos Contra el altar y el trono (1890) e En defensa de España (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente do órgano reitor do Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, foi xerente de FEIRACO, xerente e secretario da cooperativa de Tapia, xerente de Industrias Lácteas, presidente da Mutualidad Agraria Provincial e concelleiro de Ames. Recibiu o premio da Orden Civil del Mérito Agrícola. Publicou Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001) e Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Pontevedra (43° 35’ 31’’ N - 8° 46’ 46’’ O). Limita ao N coa ría de Arousa e co concello de Catoira (comarca de Caldas), ao S con Vilanova de Arousa (O Salnés), ao O coa ría de Arousa e Vilanova de Arousa e ao L con Caldas de Reis (Caldas). Abrangue unha extensión de 44,2 km 2 cunha poboación de 36.743 h (2007), distribuída nas parroquias de Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. A súa capital é a vila de Vilagarcía, na parroquia homónima, que dista 45 km de Santiago de Compostela e 20 km de Pontevedra. É cabeceira de partido xudicial. Está adscrito á arquidiocesede Santiago.
    Xeografía física
    O relevo é moi accidentado como resultado da acción tectónica durante o Terciario. A ría de Arousa xurdiu por un fenómeno de subsidencia do esteiro do río Ulla, que supuxo que o mar penetrase no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vilagarcía de Arousa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Promotor da revista A Caramecha, publicou A terra de Orcellón e O Irixo (1985), Ramón Martínez López. Pola universidalidade de Galicia (1992), Héroes e mártires: a IIª República e a guerra civil no Barbanza (1995) e Gallegos en México (1978-1936): inmigración e sociedade no alén mar (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO