"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • Insecto social, da orde dos isópteros, que se alimenta de madeira, polo que pode ser perigoso para certas construcións. OBS: Tamén se denomina formiga branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Niño de térmites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfoteluriuro de bismuto, de fórmula Bi2STe2, que cristaliza no sistema hexagonal. Ten unha exfoliación perfecta, unha cor gris clara chumbo e unha dureza de 1,5-2. Forma mallas por repetición, de catro individuos, de onde lle vén o nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística xaponesa fundada en 1937 en Toyota, na illa de Honshū. Durante a década de 1970 e 1980 experimentou unha forte expansión debida á gran competitividade dos seus produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tramitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer os trámites necesarios para a realización de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos pasos ou dilixencias que esixe un asunto para avanzar ata a súa conclusión.

    2. Regulación dun litixio entre dúas partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación matemática entre as variables de saída e as de entrada dun sistema ou servosistema que serve para expresar o comportamento do sistema. OBS: Tamén se denomina función de transferencia.

    2. Inversa da opacidade dun corpo. OBS: Tamén se denomina factor de transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer chegar a alguén algo.

      2. Facer pasar información entre dous puntos por medio de enerxía eléctrica ou electromagnética a través dun medio.

    1. Facer pasar unha enfermidade ou xerme patóxeno dun organismo a outro.

      1. Conducir ou deixar pasar ao seu través.

      2. Facer pasar un fenómeno físico, como a luz, dun lugar a outro.

    2. Facer pasar un dereito ou unha obriga a outro por transmisión de dereitos ou de créditos.

    3. Pasar unha enfermidade ou xerme patóxeno dun organismo a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de silicio, de fómula Si2O, que cristaliza no sistema monocíclico ou hexagonal en pequenos cristais. É incolora ou branca e estable entre os 870°C e os 1470°C, de peso específico 2,29-2,28 e dureza 6,5-7.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles, especialmente deportivos. Fundada en 1923, foi absorbida pola Standard Motor Limited en 1945. Despois da absorción da Standard pola Leyland Motor Corporation e da desaparición daquela como marca, Triumph continuou a fabricación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leis votadas polo Parliament británico, destinadas a fixar as normas do culto anglicano. Destacaron a de 1662, que impuxo o uso do Book of Common Prayer, e a de 1872, coñecida por Shortened Services Act, que permitía certas omisións que acurtaban considerablemente os oficios da mañá e da tardiña nas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Vietnam, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Vietnam.

    1. annamita.

    2. Arte desenvolvida en Vietnam. A arte vietnamita primitiva recibiu as influencias da arte chinesa, que penetrou co dominio militar no s I, e da arte hindú, que apareceu a partir do s III. A arte propiamente autóctona iniciouse a comezos do s X e tivo o seu apoxeo coa dinastía Dai La (s XI) como a stupa de Binh Son. A dinastía Tran (ss XII-XV) continuou o estilo anterior, como nos templos de Thien Dhuc e Tuc Mac. Coa nova conquista militar chinesa baixo a dinastía ming (1411), apareceu o estilo Le, caracterizado polo refinamento estilístico, do que destacan as estelas funerarias do sepulcro do Rei Le Thaito en Lam Son. A máxima estilización e delicadeza acadouse nos frontais de But Thap (s XVIII). Coa dinastía Nguyen (1802), China volveu marcar a evolución artística ata o primeiro cuarto do s XX cando comezou a asimilación do mundo occidental.

    3. A primeira literatura da que se ten constancia está en lingua chinesa (s XI-XVI) en obras que traducían os preceptos do confucianismo, o budismo e o taoísmo. No s XVI a literatura desenvolveuse en lingua sino-vietnamita e annamita, que utilizou os caracteres chineses chu-nom. Unha das obras máis importantes de finais do s XV foi a escrita polo Rei Le Thanh Ton, Co Tam Bach Vinh (Cen poemas do espírito antigo). Ao redor de 1615, pasouse a escribir nun alfabeto latino, introducido polos misioneiros portugueses, chamado quo’c-ngü. Desta época destaca a obra Chinh phu ngam (O lamento da muller do combatente), escrita pola poetisa Doan Thi-Diem. No s XVIII escribíronse sobre todo novelas en verso (truyen). Do s XIX destacaron o poeta Nguyen Cong Tru e o autor dramático Bui Quang-Nghia. Os escritores de comezos do s XX conciliaron a tradición coa modernidade, como o poeta Nguyen Khac-Hieu, coñecido como Tan-Da, o novelista Nguyen Van-Ngoo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olframato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)WO4, que aparece en cristais de hábito tubular, en formas laminares, columnares e follosas. É negro con raias pardentas e brillo metálico, de dureza 4-4,5 e densidade 7-7,5. É unha mestura da ferberita e da hubnerita e non é soluble en ácidos. Utilízase para extraer tungsteno, para facer fíos de lámpadas e tamén para a industria armamentística. Existen xacementos en Zamora, Salamanca, Toledo, Murcia e nalgunhas provincias de Andalucía. En Galicia o xacemento máis importante pola produción foi o de Fontao (Vila de Cruces).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar pola boca o contido do estómago.

    2. Expulsar violentamente o que está no interior de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que provoca o vómito.

      2. Substancia que estimula o vómito.

    1. Que é repugnante ou noxento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vomitar.

    2. Cousa que se vomita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos accesos á cávea que nos teatros e anfiteatros romanos daban paso ás bancadas desde os corredores ou galerías interiores.

    2. Porta de saída das bancadas dun estadio ou dunha construción semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de zinc, de fórmula Zn2(SiO4), que cristaliza no sistema romboédrico. É incoloro, ten unha dureza de 5,5 e unha densidade de 4.

    VER O DETALLE DO TERMO