"MOS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir do 5 de agosto de 1868. Cesou o 24 de agosto dese ano (nº 3) pola autoridade gobernativa. Subtitulado “Periódico literario, humorístico y de circunstancias”, todos os artigos eran anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Costa baixa do mar das Antillas, que desde o río Patuca, Honduras, esténdese uns 500 km, cunha anchura de 175, ata Bluefields, Nicaragua. Foi descuberta por Cristovo Colón en 1502 e, xunto con escravos africanos e os indíxenas formouse unha poboación zamba. Os caciques da nova poboación atacaron o dominio británico en 1687 e, en 1786, o dos casteláns. No Convenio de Managua (1860), Reino Unido e EE UU recoñeceron a súa dependencia de Nicararagua. En 1895 a parte do norte pasou a Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo situado no NO de Panamá, aberto ao mar das Antillas. Ao O atópase a península Valiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de emisión e absorción resoante de raios  por núcleos atómicos. Cando un núcleo excitado libre emite un fotón, este sae cunha enerxía Ejj= E - R, onde E é a diferenza entre a enerxía do núcleo e os estados final e inicial, e R (R = E2 /2 cm2, sendo m = masa do núcleo) a enerxía coa que retrocede o núcleo para non violar a conservación do momento lineal; polo contrario, cando un fotón é capturado polo núcleo e este volve ao estado excitado, a enerxía do fotón é Ejj= E + R.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudou na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1958. Traballou no Instituto Max Planck (Heidelberg), na Universidade de Múnic, no Instituto de Tecnoloxía de California e dirixiu Instituto Max von Laue en Grenoble (Francia). Os seus estudos sobre as aplicacións dos raios gamma e os fenómenos de resonancia, iniciados en Heidelberg e en Múnic e continuados no Instituto Tecnolóxico de California, conducírono ao descubrimento do efecto que leva o seu nome. Efectuou mesturas no campo das partículas atómicas e verificou algunhas previsións teóricas de Einstein. En 1961 recibiu, conxuntamente con R. Hofstadter, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés. As súas aportacións pertencen a dúas vertentes fundamentais: os problemas monetarios, tratados en obras como   Le système international de Bretton Woods (1948) e La politique monetaire (1971), e os problemas da economías socialista, en L’économie socialiste (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mossi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mossi.

    3. Pobo de África Occidental que ocupa a conca do alto Volta. Forman unha sociedade moi xerarquizada, con profesións ben diferenciadas como forxadores, xoieiros e ceramistas. As mulleres ocúpanse da agricultura, mentres que os fulbes se ocupan do gando. Cálcúlase o seu número nuns catro millóns e medio de individuos.

    4. Lingua da familia níxero-kurdufaniana, do grupo voltiano, falada polos mossis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Norte, Brasil, situada preto da vertente setentrional da costa atlántica (117.020 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bohemia, na República Checa, situada na beira do Biela e aos pés de Colline Metallifere (68.755 h [2001]). É o primeiro centro produtor de lignito da República Checa. A poboación foi case totalmente alemá ata o s XIX, que comezou a emigración de traballadores checos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bigote grande e mesto.

    2. Cada un dos cabos grosos cos que se asegura o bauprés por unha e outra banda, que fan de obenques deste mastro e van fixados ás amuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Traballou para Margarida de Austria (1480-1530) e acompañouna durante as súas viaxes, facendo retratos dos seus cortesáns, nos que incluía elementos simbólicos e arquitecturas renacentistas. Tamén cultivou a pintura relixiosa. Da súa obre destaca Paisaxe das Indias Occidentais (1525-1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bosnia-Herzegovina (75.865 h [1991]). Situada na beira do río Neretva, é unha cidade de aspecto oriental e conserva un porto do s XVI e numerosas mesquitas, entre as que destaca a de Karadzoz (1557). Resultou parcialmente destruída polos serbios a raíz da guerra que seguíu á disolución de Iugoslavia (1991). Destaca a ponte sobre o Neretva, a construción otomá de 1566 foi destruída en 1993. Símbolo da unión de bosnios, croatas e musulmáns, reconstuíuse e inaugurouse de novo o 23 de xullo de 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual, de ata 80 cm de altura, que presenta follas liradas e pinnatipartidas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acio e froito en sílicua curta provista dun longo bico. Crece en campos e en ermos. OBS: Tamén recibe o nome de mostaza branca.

      2. mostaza brava [Sinapis arvensis, Fam das brasicáceas]

        Planta herbácea anual, de 30 a 80 cm de altura, de follas híspidas, as inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, de flores amarelas, dispostas en acios, e de froitos en sílicua terminados en punta. Dáse en terras de cultivo, en case toda Europa; en Galicia florece entre maio e setembro.

      3. mostaza negra [Brassica nigra, Fam brasicáceas]

        Planta herbácea anual, de ata 100 cm de altura, que presenta as follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acios, e froito en silícua. Habita en campos e en lugares incultos. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.

    1. iperita.

    2. Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores. Da mostaza nitroxenada clásica (mecloretamina) derívanse outras menos tóxicas como quimioterápicos antineoplásticos para o tratamento de tumores.

    3. Salsa pastosa elaborada a base da semente (enteira, triturada ou moída) da mostaza negra e sazonada con vinagre, que se emprega como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feixe de cereal.

    2. Carga que leva ou pode levar un carro dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio no que viven os monxes ou as monxas. Inicialmente empregouse para designar a cela dun monxe, despois pasou a indicar as agrupacións de celas, chamadas lauras, e finalmente, designou un cenobio, ou lugar onde habita unha comunidade de monxes ou de curas regulares. A arquitectura monástica medieval occidental, que se desenvolveu desde o s VI como expresión das esixencias domésticas establecidas pola orde de San Bieito, adoitan contar cunha serie de espazos comúns: igrexa, dormitorio, refectorio e sala capitular, entre outros, organizados ao redor dun patio ou claustro. Ademais, dentro do recinto pechado atópanse as dependencias de traballo e a biblioteca. No Oriente cristián, os edificios monásticos presentan a particularidade da construción da igrexa principal, ou katholikón, no centro do patio e do conxunto de celas e dependencias. En Galicia o emprego preferente do termo mosteiro para se referir a calquera edificación monfástica significativa tivo a súa orixe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO