"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Organismo consultivo interparlamentario creado en 1952 en Copenhaguen para favorecer a cooperación económica e social entre Dinamarca, Islandia, Noruega, Suecia e Finlandia (que se adheriu en 1955). Consta de 87 membros elixidos anualmente polos parlamentos dos estados respectivos. As illas Feroe (desde 1970), Groenlandia (desde 1984) e as illas Åland (desde 1970) teñen representación propia dentro das delegacións de Dinamarca e Finlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que exerce as funcións de control e que garante a especificidade e a calidade na maioría das denominacións protexidas de produtos agroalimentarios. Como norma común supervisa, para todos os elaboradores inscritos nunha determinada denominación, que todas as fases do proceso produtivo se axustan ao detallado na normativa específica e protexe aqueles produtos que cumpren estas condicións, de acordo coas características finais esixidas -para o que se realizan, en moitos casos, análises químicas- e, principalmente no caso dos viños, superan un exame organoléptico. Aos produtos avaliados, como norma xeral, concédeselles unha etiqueta identificativa numerada. En Galicia, contan cun Consello Regulador as Denominacións de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra e Queixo Tetilla; e as Denominacións Específicas: Orujo de Galicia, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os Órganos Rectores da Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa e dos Produtos Galegos de Calidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou río da Cenza Río afluente do Conso. Nace na vertente oriental da serra de Queixa, no límite entre as parroquias de Forcadas (concello de Chandrexa de Queixa) e Chaguazoso (concello de Vilariño de Conso). O seu curso adopta unha dirección NO-SL coa que penetra nas parroquias de Castiñeira e Vilariño de Conso, onde ten a súa desembocadura, logo dun percorrido duns 11 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo. Ocupou unha sé episcopal en Galicia que despois se incluíu na iriense. Viviu nunhas illas próximas a Caldas de Reis. Atribúeselle unha gramática e o tratado non conservado De trinitate (Sobre a trindade) contra os priscilinistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo global ou parcial entre as propostas ou as ideas de dúas ou máis persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao consenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprobar algunha cousa por consenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘consenso dos fieis’, coa que se designa o criterio de veracidade relixiosa consistente en considerar definitivo aquilo que cre toda a comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindades (seis deuses e seis deusas) que constituían o consello privado de Xúpiter na tradición etrusca. Os romanos aplicaron esta crenza aos doce grandes deuses do panteón helénico: Xúpiter, Neptuno, Marte, Apolo, Vulcano, Mercurio, Xuno, Minerva, Diana, Venus, Vesta, Ceres, correspondentes a Zeus, Posidón, Ares, Apolo, Hefesto, Hermes, Hera, Atenea, Ártemis, Afrodita, Hestia e Deméter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de consentir.

    2. Aplícase á persoa, especialmente ao cativo, que fai o que quere porque llo consenten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen consente que se faga algo podendo evitalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de consentir.

      2. Fórmula coa que se manifesta esa aprobación.

    1. Conformidade da vontade das partes dun contrato que, partindo de intereses diversos, se dirixen a un fin común. Constitúe un dos elementos principais do contrato. Para que se conceda o consentimento debe existir: pluralidade de partes, capacidade para contratar, existencia de vontade consciente e libre, e declaración expresa ou tácita. Hai dous tipos: expreso, cando se manifesta por escrito, de palabra ou doutra forma inequívoca; e tácito, cando se presupón polo silencio amosado. Non ten validez cando existen vicios internos ou limitacións legais, ou vicios externos que limiten a liberdade ou a consciencia.

    2. Acordo universal sobre certas proposicións, considerado como unha proba da súa veracidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Permitir que alguén faga algo que lle está prohibido ou que non é correcto.

      2. Permitir que algo se realice ou sexa de determinado xeito.

      3. Deixar facer a alguén, que está baixo a súa tutela, todo o que desexa.

    1. Renderse a un sentimento, a unha obriga ou a unha opinión doutra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Método de preparación e envase de alimentos que permite a súa conservación e consumición durante un certo período de tempo.

      2. Produto alimenticio de orixe vexetal ou animal sometido a unha determinadada preparación (como a exposición a unha temperatura elevada) para conseguir a súa estabilidade e a súa esterilización bacteriolóxica, e que se envasa nestas condicións co obxectivo de conservalo apto para o consumo durante dilatados períodos de tempo. A conservación asegúrase ao envasar nun recipiente pechado líquidos, gases e microorganismos a calquera temperatura inferior a 55 °C, e mediante o tratamento con calor ou con calquera outro método autorizado, co fin de destruír ou inhibir totalmente os enzimas, os microorganismos ou as súas toxinas. A desecación e a salgadura de produtos animais xa a practicaban na Antigüidade gregos e romanos. Na Idade Media tiveron unha notable difusión as carnes afumadas, o touciño e o peixe salgado. No s XV desenvolveuse a industria da froita confeitada, na que destacou a rexión de Liguria. A partir do s XVIII comezou a fabricación de conservas que utilizaban como medio o azucre....

    1. Acompañamento, accidental ou deliberado, que se fan mutuamente as embarcacións que navegan no mesmo rumbo por razóns de amizade ou co fin de proporcionarse vixilancia e auxilio. OBS: Xeralmente se emprega a expresión en conserva cos verbos navegar e ir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser conservado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conservar ou conservarse.

    2. Técnica de preparación dos alimentos para evitar o seu proceso de descomposición e, asemade, manter o seu poder nutritivo. A maioría destas técnicas, sobre todo nos produtos vexetais, inclúen un proceso de branqueo para conseguir a destrución de enzimas. A eliminación da auga obtense mediante os procesos de deshidratación de alimentos. O tratamento térmico destrúe os enzimas e esteriliza os alimentos ou diminúe suficientemente a flora microbiana (esterilización e pasteurización). O mantemento do produto a temperaturas baixas provoca unha inhibición do crecemento microbiano e das reaccións enzimáticas (refrixeración e conxelación). A provocación de fermentacións dirixidas, leva o produto a unhas condicións que o manteñen estable (escabeche, conservas en vinagre, col fermentada e embutido). Un caso particular de fermentación selectiva é a salgadura, que consiste en provocar o desenvolvemento...

    3. Operación que consiste en manter os obxectos artísticos no mellor estado posible, de xeito que se evite o seu deterioro e que prolonguen a súa existencia, ademais de non modificar as condicións estéticas e culturais nas que foron producidos. Pode abordarse dende unha dobre perspectiva: de xeito indirecto ou preventivo, é dicir, sen actuar directamente sobre o obxecto físico, indagando sobre el mesmo e sobre as condicións que o rodean, ou empregar o método da conservación directa, na que si se actúa sobre o obxecto a conservar. Nesta fase, a conservación está relacionada coa restauración, xa que en moitas ocasións conservar un obxecto ou evitar un maior deterioro implica un labor de recuperación das características perdidas ou deterioradas, pois, en xeral, os materiais empregados na súa creación non son resistentes ao paso do tempo.

    4. Conxunto de medidas de xestión que buscan a compatibilidade entre a actividade humana e os recursos naturais, ademais da preservación e da restauración do medio ambiente.

    5. Proceso ao que se somete un elemento de formigón armado durante as primeiras horas despois de ser enchido, e que consiste en manter o grao de humidade necesario para que se produza a solidificación. Adóitase regalo moi a miúdo con auga ou, cando as circunstancias de fabricación o permiten, consérvanse as pezas de formigón nunha atmosfera de vapor de auga con temperatura e humidade constantes.

    6. Instinto que impulsa os seres vivos á loita pola supervivencia e que se manifesta especialmente en situacións de perigo.

    7. Lei que expresa que o valor dunha magnitude física nun sistema físico permanece constante no tempo durante determinadas transformacións. Por unha banda, a existencia dunha lei de conservación dunha variable dinámica (como é a enerxía) permite que, ao analizar a evolución do sistema, se poidan rexeitar todas aquelas solucións que, aínda que son posibles porque satisfán a ecuación dinámica, non son compatibles coa conservación admitida; por outra banda, as leis de conservación das cargas xenéricas das partículas poñen de manifesto simetrías máis profundas que fan posible distinguir as diferentes interaccións polo feito de que violen ou non unha determinada conservación. A mecánica clásica fornece exemplos ilustrativos da primeira formulación. Nun sistema illado de partículas que interaccionan cunha forza conservativa, a suma das enerxías cinética e potencial de todas elas, coñecida como enerxía total do sistema, permanece constante no tempo, polo que se define como a conservación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude ou tendencia que dá prioridade á idea de conservación, especialmente da natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO