"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. Que serve para reivindicar.

    2. Acción real que corresponde ao propietario dunha cousa contra o que a detenta, para facer recoñecer o seu dereito á propiedade e conseguir a restitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicación ou proposta sobre un tema calquera que se somete a exame e resolución dunha asemblea, dun congreso ou dun parlamento.

    2. Exposición, oral ou escrita, que se fai con moito detalle.

    3. Informe ou ditame dado polo relator no seo dunha corporación ou colexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a virtude de remitir ou perdoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para remunerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexistro, índice, caderno ou libro abreviado onde se escriben ou imprimen noticias ou indicacións dispostas de xeito que se poidan atopar facilmente, e que remiten a outro lugar onde están explicadas máis extensamente.

    2. Conxunto de obras musicais ou teatrais que unha orquestra, unha compañía ou unha persoa ten aprendidas e está preparada para executar ou representar.

    3. Conxunto de obras homoxéneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reproba ou implica reprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Diplomado en psicoloxía clínica (1978) e doutor en Pedagoxía (1980), é profesor titular de teoría da educación da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na análise dos sistemas educativos, na educación de adultos e terceira idade, na política educativa e social e na pedagoxía crítica. Publica en varias revistas especializadas como Revista de Teoría de la Educación e Revista Galega do Ensino, e das súas obras destaca Sociopsicoanálisis y educación (1984), Política de educación de adultos (1994), Alfabetización funcional en Galicia (1997) e Educación permanente y educación de adultos (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formalidade innecesaria que se fai antes de tratar un problema.

    2. Ornamento excesivo e innecesario. OBS: Nas dúas acepcións emprégase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á requisitoria.

    2. Aplícase á comunicación dun xuíz a outro, en que require con cortesía que execute un mandamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rescisión.

    2. Que serve para rescindir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos rescritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade en que se almacenan determinadas substancias que o organismo pode empregar ou eliminar.

    2. Ser vivo, medio ou proceso que permite a supervivencia, a multiplicación ou a transmisión dun axente patóxeno no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resolve ou serve para resolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á respiración.

    2. Que intervén na respiración.

    3. Conxunto de estruturas que lles permiten aos animais a captación de osíxeno e a expulsión de dióxido de carbono producido na respiración interna. Nos organismos unicelulares, nos pluricelulares de tamaño pequeno e noutros organismos que, sendo máis grandes non opón resistencia á pasaxe do osíxeno (como os poríferos, os celenterados e algúns platihelmintos), dáse un proceso de libre difusión do osíxeno polo corpo, que chega ao interior de todas as células. Dado que todas as células dependen funcionalmente do fornecemento de osíxeno, nos organismos recubertos de epiderme impermeables ou queratinizados desenvolveuse un sistema circulatorio que lles garante a provisión de osíxeno e a recollida de dióxido de carbono que teñen que eliminar como resultado da respiración interna. A maneira de realizar este intercambio no sangue determina os diversos tipos de aparato respiratorio. O máis elemental é o aparato respiratorio cutáneo, no que se produce a difusión libre do osíxeno; é propio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza litúrxica que consiste nun canto duns versos, normalmente de salmo, por parte do solista, ao que responde a asemblea ou o coro coa repetición dun verso determinado. Están recollidos no responsorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica, dispón ou executa unha restitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica unha revogación ou anulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Investigou a física matemática e o cálculo diferencial, e desenvolveu a teoría dos tensores, baseada nos traballos de Riemann, que despois foron continuados polo seu discípulo T. Levi Civita. A súa obra matemática foi de grande utilidade no desenvolvemento formal da relatividade especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Naturalizado estadounidense en 1944, formouse en Roma con O. Respighi. En París vinculouse á estética do Grupo dos Seis e en 1940 estableceuse en EE UU. Foi autor de ballets, como Oedipus (1944), de obras sinfónicas e para piano, e da ópera The Clock (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, pintor e ceramista. A súa escultura orientouse cara ao clásico, cun predominio da representación de figuras humanas de contornos arredondados. Empregou diversos materiais como o bronce, a terracota ou o granito. A súa pintura, de paleta multicolor, enlazou coa temática galega tradicional (pobos de pescadores, escenas da vida cotiá), aínda que nun ton en certo modo cultista, coa representación de poboados celtas, murallas romanas ou antigos templos. Nas súas cerámicas predominaron os tons rosas e azuis. Recibiu o primeiro premio de Escultura da Exposición Nacional de Artes Plásticas (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO