Requejo Osorio, Agustín

Requejo Osorio, Agustín

Pedagogo. Diplomado en psicoloxía clínica (1978) e doutor en Pedagoxía (1980), é profesor titular de teoría da educación da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na análise dos sistemas educativos, na educación de adultos e terceira idade, na política educativa e social e na pedagoxía crítica. Publica en varias revistas especializadas como Revista de Teoría de la Educación e Revista Galega do Ensino, e das súas obras destaca Sociopsicoanálisis y educación (1984), Política de educación de adultos (1994), Alfabetización funcional en Galicia (1997) e Educación permanente y educación de adultos (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maceda