"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
NADP.
-
-
-
Relativo ou pertencente á nicotina.
-
Que está provocado pola nicotina.
-
-
Derivado carboxílico que se presenta en forma de po soluble en auga e insoluble en éter, moi estable e non higroscópico, que se funde a 237°C e se sublima sen descomposición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación aguda ou crónica de nicotina que se produce polo abuso de tabaco.
-
-
Relativo ou pertencente ao Nilo, á rexión do Nilo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da rexión do Nilo.
-
Lingua sudanesa do phylum nilo-sahariano que se fala en Uganda, Kenya, o S de Sudán e o N de Tanzania. Subdivídense en tres grupos: o occidental, que comprende as linguas shilluk, nuer e luo; o oriental, co masai e o turkana, e o meridional, co nandi e o suk.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza nilótida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza nilótida.
-
raza nilótida
Raza do grupo melanodermo que ocupa basicamente toda a conca do Alto Nilo. Os seus representantes son dolicocéfalos, cun corpo esvelto, pel moi escura, nariz amplo e ollos estreitos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo étnico dos nilótidos.
-
Individuo do grupo étnico dos nilótidos.
-
Grupo étnico da África negra. Os pobos máis importantes son os dinka, os nuer e os masai. Practican unha economía mixta coa práctica do pastoreo nómade, a pesca, a agricultura e a caza.
-
-
-
PERSOEIRO
Teólogo laico ortodoxo. Foi observador do Consello Ecuménico das Igrexas no Concilio Vaticano II (1963-1964). Foi director adxunto (1958-1966) e director (1966-1974) do Instituto Ecuménico de Bossey, e moderou a Comisión Fe e Constitución do Consello Ecuménico. Escribiu numerosas obras sobre relixión e teoloxía ortodoxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.
-
Suceso do que se informa.
-
-
Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai tempo que non se sabe nada.
-
Indicación que se puña, nos ss XI e XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura. Deixáronse de facer cando comezou o sistema dos borradores ou scaedae no s XIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto notarial escrito en galego-portugués datado en 1175, aínda que para moitos investigadores é dubidosa a súa pertenza a esta lingua debido á súa brevidade e ao ser unha gran parte del unha lista de adscrición lingüística neutra, que fai que conteña un exiguo número de elementos romances fronte aos latinos. Descuberto e publicado 1999, considerouse o máis antigo texto coñecido ata a aparicición do Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?). Foi escrito nun pergamiño que contén outros tres documentos. O texto principal do pergamiño é o dunha carta de doazón de arras, feita por Soeiro Pais a Urraca Mendes. Trátase dunha carta latina datada en 1146 en que o fillo de Soeiro e Urraca fixo escribir a noticia de fiadores en 1175.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto notarial escrito en galego-portugués que se descubriu preto de Braga e que se datou arredor de 1211-1214. Contén as queixas de Lourenço Fernandes da Cunha contra os seus parentes e veciños, os fillos de Gonçalo Ramires. Aparentemente, trátase dun texto espontáneo e informal e non dunha versión definitiva, feito que lle dá un maior valor lingüístico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección de noticias de actualidade dunha publicación, dun filme ou dunha emisión radiofónica ou televisiva. O primeiro noticiario sonoro foi o Fox Movietone (EE UU).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de 1877. Cesou en 1885. Antonio de la Fuente foi o fundador e director desta publicación de tendencia liberal aparecida baixo os subtítulos “Diario liberal independiente” e “Diario de la mañana”. Incluíu unha crónica local, noticias rexionais e do estranxeiro, numerosos anuncios publicitarios e abundante información política. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de M. Roel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1 de agosto de 1891. Cesou en 1892 (nº 10). Apareceu co subtítulo “Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria”. Editada nos obradoiros tipográficos de Luís Carragal Puga, en Pontevedra, o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Publicada os días 10 e 15 de cada mes, incluíu información sobre as disposicións lexislativas de interese para os mestres así como artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. En 1892 pasou a denominarse El Noticiero.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1915. Subtitulado “Quincenario gráfico y de novedades de la Región”, estivo dirixido por Fortunato Cruces. De carácter informativo, recolleu noticias de Galicia e artigos tomados da prensa galega. Saíu ao mesmo tempo que Nova Galicia. Incluíu colaboracións literarias de Vitoriano Taibo e F. Cano Rivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1891. Tivo unha breve primeira época, e foi substituído ese mesmo ano polo Noticiero Administrativo. Reapareceu en xaneiro de 1895 para cesar en xullo dese mesmo ano. Subtitulouse “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales de la enseñanza primaria”. Editouse nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, en Pontevedra, e o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Na primeira época foi o substituto de El Noticiero Gallego (1891). Tras a súa reaparición seguiu a numeración de El Noticiero (1892) e incluíu información das disposicións lexislativas de interese para os mestres. Saíu todos os luns ata o seu cese, substituído de novo por El Noticiero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Vigo a partir de 1889. Fundado por Xaime Solá, tratouse dunha publicación de tendencia católica. Os seus predecesores foron Diario de Vigo e El Independiente para, a partir de 1903, ser substituído por El Noticiero.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ribadavia a partir do 15 de outubro de 1910. Cesou en outubro de 1936. Editouse cos subtítulos “Semanario de Ribadavia”, “Periódico de Ribadavia” (1913), “Semanario de mayor circulación de la provincia” (1920) e “Órgano oficial del sindicato Vitivinícola Comarcal”, a partir do 17 de novembro de 1929. Fundado e dirixido polo seu propietario, Emilio Canda, saíu os domingos con información local e comarcal, contos, vida social, humor e información do sindicato. De tendencia católica, declarouse apolítico ata que se converteu en voceiro do deputado conservador Xosé Estévez Carrera e, na Segunda República, definirse pro-CEDA e contrario á autonomía de Galicia. Foi o rival do xornal liberal El Ribadaviense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Bos Aires a partir de 1889. Dirixida por Manuel Lema, amosou unha fonda preocupación pola situación social, política e económica de Galicia. Publicou unha posible “Constitución Rexional para o futuro Estado de Galicia” e chegou a defender a necesidade da confrontación violenta para acadar os dereitos nacionais que Galicia non conseguía polas vías legais.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir de febreiro de 1896. Non cesou antes de maio de 1943. Apareceu cos subtítulos “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”, “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español”, a partir de 1897, e “Revista de primera enseñanza”. Continuou coa numeración do seu predecesor, El Noticiario, e foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez. Tras o seu falecemento (1896), o seu fillo Bernardino López S. Cobián fíxose cargo do xornal que, despois da Guerra Civil Española, foi administrado por Eladio Portela Gómez. Editado nos obradoiros da Viúva e Fillos de Carragal, saíu todos os luns mantendo o mesmo tipo de contido ca os seus predecesores (doutrinais e disposicións lexislativas). A partir de agosto de 1897 convocou un Certame Pedagóxico e saíu os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.
VER O DETALLE DO TERMO