"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada no concello do Covelo. Foi mandada edificar polo abade Alberto Barreyro Bello, conserva na fachada unha inscrición co ano 1752. A porta principal, adornada por grosas molduras con orelleiras e flanqueada por pilastras, queda acubillada baixo un remate composto por pináculos asentados sobre un frontón curvo e partido. Da decoración xeométrica e vexetal que ocupa o espazo dispoñible no entaboamento e o tímpano destacan as aguias coroadas que sobresaen deste último e o Atlas que, sostendo o globo terráqueo, culmina o conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Lama baixo a advocación de santa Ana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico militar. Escribiu varios artigos relacionados coa Medicina en publicacións científicas. Colaborou co seu pai, Xoán Barcia Caballero, nas novelas Dos almas (1907) e El señor Nin (1922). Conseguiu mencións en varios certames poéticos, como o celebrado en Santiago de Compostela en 1909.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Economía pola Universidade de Cambridge. Foi profesor na escola de Guerra Naval e na escola de Finanzas Internacionais. Tras acceder á carreira diplomática participou nas negociacións entre España e a CEE como secretario xeral da Delegación Negociadora Española e como secretario da Comisión Interministerial de Relacións coa comunidade (1965-1970). Foi secretario da embaixada da Delegación española ante os Organismos Internacionais en Xenebra (1970) e director xeral de SODIGA. Escribiu El acuerdo de España en el Mercado Común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático en Medicina. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse coa tese Las variaciones atávicas y las detenciones en el desarrollo, en el maxilar superior de los locos. En 1927 acadou a cátedra de Anatomía da Universidad de Salamanca e posteriormente trasladouse á de València, universidade onde ocupou os cargos de decano da facultade de Medicina (1945-1964) e reitor (1966-1972). Pioneiro na especialidade de neurocirurxía en España, foi o primeiro presidente da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía e membro da British Society of Neurological Surgeons, Société Française de Neurochirurgie e Societá Italiana de Neirochirurgia, entre outras institucións científicas. Descubriu e desenvolveu un método para rexistrar as modificacións circulatorias intercraneais a través do cranio intacto que recibiu o nome de palencefalografía....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Licenciado en Dereito polas universidades de Oviedo e Madrid, ampliou estudios económico-sociais en Berlín e Marburgo. En 1910 colaborou en Acción Gallega e ingresou na Liga Agrario Redencionista, que nese ano se constituíu en Madrid, onde tamén presidiu o Ateneo. En 1911 integrouse no Partido Republicano Reformista que encabezaba Melquíades Álvarez. Elixido deputado na Segunda República, foi xefe de Izquierda Republicana no Congreso. Nos gobernos de Azaña e de Casares Quiroga foi ministro de Estado e presidente do Consello de ministros. No 1936 foi ministro de Asuntos Exteriores e, rematada a Guerra Civil (1936-1939), refuxiouse en Francia e posteriormente en Arxentina, onde desempeñou o cargo de ministro de Facenda do Goberno da República no exilio. Escribiu, entre outras obras, El pangermanismo (1916), La codificación progresiva del Derecho Internacional (1921), El Tratado de Locarno (1925), San Martín en América e Francisco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Colaborador do xornal de Castelar La Democracia e fundador en Cádiz de El Demócrata andaluz. Despois da Revolución de setembro do 1868 foi deputado. En 1870 foi detido, acusado de formar parte do complot contra o xeneral Prim. No 1873 constituíuse en xefe dos insurrectos cantonalistas de Cartagena, pero fracasou nas súas tentativas e refuxiouse en Francia. Volveu a España, onde se afastou da política e se dedicou á redacción do seu Dicionario Etimológico de la lengua española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia cartaxinesa. Algúns dos seus membros tiveron un papel histórico moi importante nos ss III e II a C, especialmente Amílcar, Asdrúbal e Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma diminutiva correspondente ao apelido Barcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santo Andrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada na parroquia de Castrelo (Forcarei). Realizada en lousa, é de estilo románico. De tres pisos, o terceiro alberga as campás; no exterior conta cunha escaleira de caracol e cunha punta de frecha como remate da cornixa. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana que se corresponde coa actual Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino -posterior a Barcino- de Barcelona, utilizado tamén en textos oficiais cataláns ata a metade do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta en lingua inglesa, posiblemente de orixe escocesa. Compuxo as Eclogues (Églogas) máis antigas en lingua inglesa. Non obstante , a súa obra máis representativa é The Ship of Fools (A nave dos tolos, 1509), que en gran parte constitúe unha tradución e adaptación da obra de S. Brant, documento satírico sobre a época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor escocés. Autor dunha obra alegórica contra as guerras relixiosas, Argenis (1621), traducida e reeditada en diversas ocasións. Cultivou a poesía e a prosa satírica, ambas as dúas en latín. Co pseudónimo de Euphornio Lusinus, escribiu o Satyricon (Satiricón, 1603-1607), contra os xesuítas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gordonstown 1648 - Ury 1690) Teólogo escocés. Estudiante en París, adheriuse aos cuáqueros (1667), converténdose no seu teólogo e apoloxista máis notable. Isto demóstrase coas súas obras Catechism and Confession of Faith (Catecismo e confesión da fidelidade,1673) e La Theologiae vere christianae (Apoloxía da verdadeira teoloxía cristiá, 1676).

    VER O DETALLE DO TERMO