"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Rexente (1595) e rei de Suecia (1607-1611). Fillo de Gustavo Vasa, loitou contra o seu sobriño Sexismundo, rei de Polonia e herdeiro ao trono sueco en 1592. Venceuno en Stångelro en 1598, pero non foi coroado ata 1607, debido á oposición da nobreza. Mantivo guerras contra Polonia (1605), Rusia e Dinamarca (1611). Desenvolveu a industria metalúrxica e foi firme defensor do protestantismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.
-
PERSOEIRO
Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos María Isidro de Borbón.
-
PERSOEIRO
Mordomo do pazo dos reis merovinxios, fillo de Pipino de Heristal e da súa concubina Alpaida. Trala morte do seu pai, no 714, asumiu o poder e desbancou os fillos lexítimos. Derrotou as tropas de Neustria nas Ardenas no 716 e en Cambrésis no 717, e venceu o duque de Aquitania que os axudaba en Soissons no 719. Entre os anos 722 e 724 loitou contra os saxóns de Hessen e Turinxia e suprimiu o ducado de Alamania no 730. No 732 ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gafiqī, Emir de Al-Andalus, dirixiu unha expedición musulmá que, despois de ocupar Bordeos e atacar Poitiers, se dispuxo a avanzar sobre Tours. Derrotou os musulmáns preto de Poitiers en 732, marcando o límite setentrional da penetración musulmana. No 737 entrou en Aviñón e destruíu as fortificacións de Agde, Besiers e Magalona, pero non logrou capturar Narbonne. No 739 detivo unha nova incursión musulmá en Provenza. Impulsou a predicación de Bonifacio e Willibrord entre as tribos xermánicas, pero someteu a Igrexa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Hungría (1292 - 1295), fillo de Carlos II de Nápoles e de María, irmá de Ladislao IV de Hungría. Gobernou Nápoles durante as ausencias do seu pai, que o nomeou vicario de Nápoles entre o 1289 e o 1294, e novamente no 1295. Morto Ladislao IV, loitou contra Andrés III polo trono de Hungría e foi investido rei de Hungría en Aix-en-Provence (1292). A pesar da alianza con Serbia e Venecia o seu título non tivo efectividade ata 1308, cando foi elixido o seu fillo Carlos Roberto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos I.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (1364-1380), primoxénito e sucesor de Xoán II o Bo, en 1349 foi nomeado primeiro delfín de Francia. Asumiu o goberno despois de que os ingleses fixeran prisioneiro a Xoán II en Poitiers (1356). Superou con habilidade a situación e acadou un control da administración propugnado desde 1356 polos estados xerais da lingua d’oïl. Dominou a insurrección comunal de París dirixida por Étienne Marcel e a revolta campesiña da Jacquerie (1358). Preparou, en Brétigny, a conclusión do Tratado de Calais (1360), que permitiu o retorno de Xoán II. En 1364 derrotou a Carlos III de Navarra e enviou as compañías do vencido a Castela para soster a causa de Enrique de Trastámara. Recomezou en 1369 a guerra contra Inglaterra. Recoñeceu, en contra do Papa Urbano VI, a Clemente VII en 1378. Iniciou a construción da fortaleza da Bastilla e reconstruíu o palacio do Louvre, onde fundou unha importante biblioteca real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque nominal de Lorena (1675-1690). A causa da oposición de Luís XIV, nunca puido tomar posesión do seu dominio. Casado cunha irmá de Leopoldo I, serviu a Austria como mariscal. En 1683 comandou o exército que liberou Viena do sitio turco, tomou Buda en 1686 e obtivo a vitoria de Mohács en 1687. Loitou no Rin e tomou Maguncia e Bonn.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos II de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Viveiro, a única de estilo renacentista en Galicia tamén coñecida como Castelo da Ponte, foi construída en 1554 polo mestre Pedro Poderoso despois do incendio que destruíu a vila en 1540. O Emperador Carlos V, como agradecemento aos servicios prestados pola vila, concedeu a exención de tributos para acelerar a súa reconstrución. A porta ten forma de arco triunfal e está articulada en tres corpos separados por impostas; no inferior está situado o arco de medio punto cos escudos do Reino de Galicia e de Viveiro no muro; no segundo corpo hai un grande escudo do emperador inserido nunha ventá cega que remata nun frontón triangular co busto de Carlos V. O muro está decorado por catro bustos non identificados e o derradeiro corpo ten ameas e pináculos. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1942.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1711-1740), arquiduque de Austria (Carlos II, 1711-1740) e rei de Hungría (Carlos III, 1711-1740), rei de Aragón (Carlos III, 1705-1717), de Sicilia (Carlos IV, 1718-1734) e de Nápoles (Carlos VI, 1705-1713 e 1718-1735), pretendente á Coroa de Castela (1703-1725). Foi o segundo fillo do Emperador Leopoldo I e de Leonor de Neoburgo. Trala morte de Carlos II, disputou a Coroa de España na Guerra de Sucesión. Proclamado rei co nome de Carlos III en Viena o 12 de agosto de 1703, marchou a Lisboa para poñerse á cabeza dos exércitos peninsulares. Partiu cunha poderosa escuadra inglesa, e logrou a conquista de Barcelona o 9 de outubro, onde estableceu un goberno efectivo. Xurou as Constitucións de Catalunya e foi proclamado rei polas Cortes reunidas en Barcelona (1705-1706), e recoñecido por case toda València e Aragón. Os exércitos anglo-portugueses obrigaron a Filipe V a abandonar Madrid, onde entrou pouco despois o arquiduque, proclamado rei de Castela o 2 de xullo;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1380-1422), fillo e sucesor de Carlos V. Durante a súa minoría de idade o goberno foi dominado polos seus tíos, os duques Luís I de Anjou, Filipe I o Atrevido de Borgoña, Xoán de Berry e Luís II de Borbón. En 1388 asumiu persoalmente o goberno, pero en 1392 os seus tíos, entre os que se impuxo Filipe I, apartárono do poder debido aos trastornos psíquicos que padecía. Os choques entre os intereses contrapostos de Luís de Orleans, irmán de Carlos VI, e os duques de Borgoña, orixinaron os bandos inimigos dos armañacs e dos borgoñóns, que provocaron a guerra civil e o paso dos borgoñóns ao bando inglés. Despois de que Enrique V de Inglaterra gañase en Azincourt (1415) e ocupase Normandía (1417), Filipe o Bo, duque de Borgoña, obrigou a Carlos VI a asinar o Tratado de Troyes (1420), que recoñecía a Enrique V como herdeiro ao trono de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlos VI.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1742-1745), fillo do elector Maximiliano Manuel de Baviera. Casou con María Amelia, filla de Xosé I de Austria e sucedeu o seu pai en 1726. A pesar de ter xurado a Pragmática Sanción de 1713, á morte de Carlos VI (1740) fixo valer os seus dereitos na sucesión austríaca contra María Tareixa. Mentres o seu aliado, Federico de Prusia, tomaba Silesia, Carlos VII invadiu a Alta Austria e Bohemia e proclamouse arquiduque de Austria e emperador de Alemaña en 1742. María Tareixa, axudada polos húngaros, recuperou a Alta Austria e Bohemia, e invadiu Múnic dúas veces. Carlos VII recuperou o poder en 1744, pero morreu ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1422-1461), fillo e sucesor de Carlos VI. Nomeado delfín en 1417, estivo do lado dos armañacs, que o recoñeceron rei á morte do seu pai (1422), malia as estipulacións do Tratado de Troyes. Entrementres, o duque de Bedford intitulouse rexente de Francia en nome de Enrique VI de Inglaterra. As vitorias inglesas motivaron unha profunda penetración no territorio francés, pero a crítica situación de Carlos VII foi salvada por Xoana de Arco, que conseguiu levantar o sitio de Orleans en 1428 e o fixo coroar en Reims en 1429. En 1436, as forzas de Carlos VII entraron en París; posteriormente asinou unha serie de treguas cos ingleses ata 1449. Ata entón Carlos VII dominou diversas revoltas feudais, como a de Praguerie de 1440 e reorganizou o exército e as finanzas. Retomada a guerra contra os ingleses, reconquistou Normandía (1449-1451) e Guiena (1451-1453), co que o dominio inglés en Francia quedou reducido a Calais. En 1438, pola Pragmática Sanción de Bourges, aprobáronse as decisións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1483-1498), fillo e sucesor de Luís XI. Entre 1483 e 1491 foi rexente a súa irmá Ana de Francia, que ultimou o casamento do rei con Ana I de Bretaña en 1491. Carlos intentou reivindicar os dereitos franceses, herdados dos Anjou, en Nápoles, polo que estableceu unha serie de tratados coas potencias europeas buscando a súa neutralidade: con Inglaterra polo Tratado de Étaples (1492), con Aragón e Castela polo Tratado de Barcelona (1493), e con Austria polo Tratado de Senlis (1493). Os seus rápidos éxitos no avance por Italia e a entrada en Nápoles (1495) favoreceron a formación da liga antifrancesa de Venecia que o derrotou en Fornovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1448-1457; 1464-1465 e 1467-1470) e de Noruega (1449-1450), fillo do nobre Knut Thordsson. Participou no levantamento sueco contra a unión escandinava (1434). Rexente de Suecia, aceptou a elección de Cristovo de Baviera, e á súa morte foi elixido rei de Suecia (1448). Unha expedición militar permitiulle coroarse rei de Noruega, pero contra el prevaleceu Cristián de Odenburgo. As súas medidas contra a nobreza e o clero obrigárono a expatriarse dúas veces. Recobrou definitivamente o trono en 1467.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1824-1830), irmán de Luís XVI e de Luís XVIII. Ao comezar a Revolución Francesa emigrou e foi un dos dirixentes do realismo en Inglaterra desde 1795. En 1814 volveu a Francia, onde liderou o partido ultra. Á morte de Luís XVIII (1824) accedeu ao trono e levou a cabo unha política de implantación do absolutismo monárquico. Durante o ministerio de Polignac foron ditadas as ordenanzas de Saint-Cloud (1830), que disolvían a cámara, modificaban a lei electoral e suprimían a liberdade de prensa, disposicións que provocaron a Revolución de Xullo de 1830 e que o obrigaron a abdicar a favor do seu neto, o duque de Burdeos, e a exiliarse. Durante o seu reinado tivo lugar a toma de Alxer, que iniciou a expansión colonial francesa polo norte de África.
VER O DETALLE DO TERMO