"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Tautomería que presentan certos conxuntos de compostos, debida exclusivamente á variación da posición da nube electrónica nas súas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao efecto dun átomo ou dun grupo de átomos dunha molécula sobre a distribución dos electróns da mesma molécula e sobre a súa polarizabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos que presentan electromería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos procedementos metalúrxicos que empregan enerxía eléctrica, tanto por acción térmica coma electrolítica, para a extracción, a elaboración, a afinación e os tratamentos térmicos especiais dos metais e das súas aliaxes. En siderurxia, empréganse estes procedementos para a obtención de ferroaliaxes, de aceiros especiais ou normais, e para a fabricación de fundición. Os sistemas de transformación de enerxía eléctrica en térmica fundaméntanse na indución, na acción dun arco eléctrico que se fai saltar entre uns electrodos ou na resistencia eléctrica que presenta o material ao paso dunha corrente eléctrica. Os procedementos electrolíticos empréganse na afinación de metais en bruto ou para a obtención de metais por precipitación de solucións dos seus sales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electrometalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de magnitudes eléctricas por medio dun electrómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electrometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que serve para medir diferencias de potencial e que está baseado nas accións electrostáticas entre dúas placas ou pezas entre as que se aplica a diferenza do potencial que se quere medir. O primeiro aparello deste tipo foi inventado por lord Kelvin. Un dos máis coñecidos é o electrómetro de cuadrantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de correntes eléctricas moi febles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para rexistrar os cambios de potencial eléctrico que se producen nun músculo illado ou nun grupo muscular cando se contrae de xeito espontáneo ou por indución con estímulos xeralmente eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para realizar unha electromiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico da contracción dun músculo que se obtén ao realizar unha electromiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce ou tende a producir unha corrente eléctrica.

    2. Motor que produce enerxía mecánica mediante a transformación de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á forza capaz de manter unha diferencia de potencial eléctrico entre dous puntos dun circuíto aberto ou de manter unha corrente eléctrica nun circuíto pechado. O seu símbolo é E, e a súa unidade de medida, o voltio. Adoita estar indicado mediante a abreviatura fem (forza electromotriz).

    2. Aplícase á serie de metais na que estes se dispoñen segundo o seu potencial estándar ou normal de redución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia setentrional que comprende as provincias de Boloña, Ferrara, Forlì-Cesana, Modena, Parma, Piacenza, Ravenna, Rimini e a rexión da Emilia (22.124 km2; 3.902.411 h [estim 2000]). É a fusión das antigas rexións da Emilia e a Romaña. A capital é Boloña. Sitúase ao S do río Po e limita ao N con Lombardia e Veneto, co Piemonte ao O, coa Toscana e as Marcas ao S e co Mar Adriático ao L. Morfoloxicamente, o territorio está constituído pola vertente oriental dos Apeninos toscanos; ao seu pé está a chaira aluvial do Po. O poboamento é disperso e acumúlase ao longo da antiga Via Aemilia. Máis da metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería, base da súa economía. Os principais recursos minerais son o petróleo, o xofre, a turba e o cemento. Na industria destaca a produción de electricidade, a mecánica de precisión e o sector conserveiro. O turismo e a pesca son tamén importantes fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor óseo benigno de orixe cartilaxinosa que se desenvolve frecuentemente na cartilaxe que envolve o interior do óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cerceda. Construída no s XII en estilo románico, reformouna en 1720 un mestre de Santiago de Compostela. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular que, orixinariamente, estaba cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O arco triunfal é apuntado e apóiase en semicolumnas pegadas. Cóbrese a dúas augas. Da primitiva construción consérvanse as seteiras que se abren nos muros, os contrafortes prismáticos do exterior da ábsida e o rosetón da fachada principal. Nesta destaca tamén a espadana dun só corpo e dous vans, e a cruz que a coroa. A porta norte está formada por un arco semicircular co lintel decorado con catro bastóns e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos endrómidos.

    2. Insecto da familia dos endrómidos.

    3. Familia de lepidópteros á que pertence o xénero Endromis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros, da familia dos endrómidos, que ten como única especie a E. versicolora. As bolboretas son de cor acastañada arrubiada, co corpo groso e peludo, alas atravesadas de xeito transversal por dúas bandas extreitas brancas e negras co bordo externo máis escuro e con varios ocelos brancos no extremo. As eirugas son grosas e de cor verde con franxas finas de cor branca. Na Península Ibérica distribúese por unha ampla franxa do norte peninsular, con colonias extremas e illadas en Galicia (río Eume) e Catalunya, onde se distinguen dúas subespecies: E. versicolora subpyrineae e E. versicolora meridionalis, esta última no extremo oriental da distribución penínsular. As eirugas aliméntanse principalmente das follas de amieiros, abeleiras, salgueiros, bidueiros, carpe ou tileiros. Pasa o inverno no solo na fase de crisálida e, a partir de febreiro e ata abril, os machos voan durante as horas de sol polos claros do bosque en busca das femias, pousadas no solo ou en pólas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e debuxante sueco. En 1897 fundou a revista humorística Strix, onde publicou caricaturas. As súas novelas, nas que o humor é un elemento importante, describen a xente e a paisaxe da súa rexión natal. En 1922 ingresou na Academia Sueca.

    VER O DETALLE DO TERMO