electromotriz

electromotriz

(< electromotor)

  1. adx [FÍS]

    Aplícase á forza capaz de manter unha diferencia de potencial eléctrico entre dous puntos dun circuíto aberto ou de manter unha corrente eléctrica nun circuíto pechado. O seu símbolo é E, e a súa unidade de medida, o voltio. Adoita estar indicado mediante a abreviatura fem (forza electromotriz).

  2. adx [QUÍM]

    Aplícase á serie de metais na que estes se dispoñen segundo o seu potencial estándar ou normal de redución.