1 electrón
(
-
s
m
[FÍS]
Partícula elemental estable, pertencente ao grupo dos leptóns, cargada negativamente, que constitúe un dos compoñentes fundamentais do átomo. Foi a primeira partícula fundamental que se descubriu; a finais do s XIX dedicouse un esforzo considerable a investigar as descargas eléctricas nos gases enrarecidos. En 1895, Jean Perrin, analizando a carga eléctrica dos raios catódicos, demostrou que transportaban carga negativa. En 1897 J. J. Thomson conseguiu determinar a carga específica das partículas que constitúen os raios catódicos e que denominou electróns. A partir da relación carga/masa obtida por Thomson, Robert A. Millikan puido medir no ano 1909 a carga do electrón e e a súa masa m. O descubrimento do electrón iniciou unha nova etapa da física e corroborou a hipótese de que o electrón é unha das partículas fundamentais do Universo a partir da que se forman todos os átomos. Posteriormente, púidose comprobar que a masa do electrón aumenta coa velocidade, de acordo coa mecánica relativista. Tamén se verificou a natureza ondulatoria do electrón. A produción de electróns libres e o seu comportamento en distintos medios deu lugar á electrónica. Os valores admitidos da carga eléctrica e da masa do electrón son e=-1,60219´10 -19 C, e m e =9,10957´10 -31 kg.
-
electrón antienlazante
[FÍS]
Electrón dun orbital antienlazante dunha molécula.
-
electrón de Auger
[FÍS]
Electrón emitido por efecto Auger.
-
electrón de Compton/de retroceso de Compton
[FÍS]
Electrón de retroceso do efecto Compton.
-
electrón de condución/periférico
[FÍS]
Electrón da banda de condución dun sólido.
-
electrón de conversión
[FÍS]
Electrón emitido por un átomo nunha conversión interna.
-
electrón de retroceso
[FÍS]
Electrón que foi impelido como consecuencia dunha colisión.
-
electrón de valencia/óptico
[FÍS]
Electrón das capas máis externas dun átomo e, nun sólido, electrón da banda de valencia.
-
electrón desemparellado
[FÍS]
Electrón único situado nun orbital atómico ou molecular.
-
electrón desencaixado
[FÍS]
Electrón dun gas ionizado que, en presenza dun campo eléctrico, gaña enerxía máis rapidamente do que a perde por colisións co resto de partículas do gas.
-
electrón emparellado
[FÍS]
Cada un dos electróns que, xunto con outro de spin oposto, ocupa un orbital atómico ou molecular.
-
electrón enlazante/de enlace
[FÍS]
Electrón dun orbital enlazante dunha molécula.
-
electrón equivalente
[FÍS]
Electrón que, respecto a outro, ten os mesmos números cuánticos n e l.
-
electrón excedente
[FÍS]
Electrón introducido por unha impureza e dispoñible para a condución nun semicondutor.
-
electrón interno
[FÍS]
Electrón das capas internas dun átomo, que non intervén nin nos procesos químicos nin nos de condución.
-
electrón K
[FÍS]
Electrón da capa K dun átomo, cun número cuántico principal n=1.
-
electrón L
[FÍS]
Electrón da capa L dun átomo, cun número cuántico principal n=2.
-
electrón libre
[FÍS]
Electrón de enerxía non cuantificada, como ocorre cos electróns que escaparon da atracción do núcleo ou dos que se moven libremente pola rede cristalina dun metal.
-
electrón ligado
[FÍS]
Electrón que ten unha función de onda neglixente fóra das proximidades do átomo ao que pertence.
-
electrón M
[FÍS]
Electrón da capa M dun átomo cun número cuántico principal n=3.
-
electrón N
[FÍS]
Electrón da capa N dun átomo cun número cuántico principal n=4.
-
electrón non localizado
[FÍS]
Electrón que ten unha función de onda non confinada ás proximidades dun núcleo, senón que se estende por unha molécula ou estrutura cristalina.
-
electrón O
[FÍS]
Electrón da capa O dun átomo cun número cuántico principal n=5.
-
electrón orbital/cortical/planetario
[FÍS]
Electrón da capa electrónica dun átomo.
-
electrón periférico
[FÍS]
Electrón de condución ou, de xeito menos preciso, da capa exterior dun átomo.
-
electrón primario
[FÍS]
Electrón producido nunha desintegración radioactiva e, por extensión, electrón que ao colisionar cun átomo dá lugar á emisión doutro electrón.
-
electrón quente
[FÍS]
Electrón excedente respecto ao número determinado polo equilibrio térmico e que, nos metais, ten unha enerxía superior á do nivel de Fermi.
-
electrón relativista
[FÍS]
Electrón de velocidade relativista.
-
electrón secundario
[FÍS]
Electrón emitido por un sólido como consecuencia da colisión cun electrón primario.