"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

    1. Elemento químico de número atómico 14, que pertence ao grupo IV A da táboa periódica. Foi illado por J. J. Berzelius en 1824 por redución con potasio do tetrafluoruro de silicio (SiF 4 ). É, despois do osíxeno, o elemento máis abundante da codia terrestre, da que constitúe un 26% en peso. Está formado por unha mestura de tres isótopos naturais estables con masas 28 (92,21%), 29 (4,70%) e 30 (3,09%), que determinan un peso atómico de 28,086. Coñécense tamén cinco radioisótopos artificiais do elemento, con masas que van de 25 a 32. O silicio está amplamente difundido na natureza, e está presente no Sol, nas estrelas e nos meteoritos. O método de obtención máis empregado comercialmente consiste na redución da sílice con carbono nun forno eléctrico. O silicio elemental cristalino presenta puntos de fusión e ebulición moi elevados, e é un semicondutor intrínseco. A característica química máis importante do silicio é a súa tendencia a combinarse co osíxeno para formar estruturas poliméricas...

    2. Sólido en forma de cristais negros de gran dureza, moi inertes, que se subliman con descomposición a 2.200°C. É un dos materiais más duros que se coñecen, e ten aplicación como refractario, abrasivo e, en forma de monocristal, como semicondutor.

    3. sílice.

    4. [

    5. Líquido incoloro, fumante, de olor sufocante, moi corrosivo, soluble nos medios apolares, que bole a 57,6°C. Ten aplicación como intermediario na purificación do silicio, na preparación de siliconas e na produción militar de cortinas de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto binario de silicio que ten elementos máis electropositivos ca el. Son compostos moi duros e refractarios, presentan similitudes cos carburos e gozan de estruturas semimetálicas.

    2. Anión Si 4- que se pode considerar formalmente derivado do silano por perda dos seus catro átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘silicio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula da mesoglea dos poríferos que dá orixe ás espículas silícicas que constitúen o seu esqueleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas que conteñen conxuntamente silicatos e carbonatos de calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás silicoflaxeladas.

    2. Alga da orde das silicoflaxeladas.

    3. Orde de algas, da clase das crisofíceas, que está constituída por algas unicelulares mariñas cun só flaxelo e un esqueleto interno silíceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de materiais de natureza polimérica, que están formados por cadeas constituídas por átomos de osíxeno e silicio alternos, unidos estes últimos a restos orgánicos. Historicamente, o desenvolvemento in-dustrial das siliconas comezou en EE UU na década de 1930-1940, cando se comezou a empregar como illante eléctrico resistente á calor. A súa preparación faise por hidrólise e posterior polimerización de alquihaloxenosilanos. En xeral, son bos illantes eléctricos, inertes aos axentes químicos, agás os ácidos e as bases fortes, e a súa toxicidade adoita ser pequena. Desde o punto de vista industrial e de utilización adoitan clasificarse en aceites de silicona, elastómeros de silicona e resinas de silicona. Os aceites de silicona están constituídos por polímeros lineais de peso molecular comprendido entre 4.000 e 25.000, líquidos a temperatura ambiente e xeralmente derivados do diclorodimetilsilano. Os aceites de silicona presentan unha moi pequena variación da súa viscosidade coa temperatura,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose causada pola inhalación de pos de sílice que produce un depósito de óxido de silicio nos pulmóns. Caracterízase pola aparición de cambios xeneralizados de tipo fibrótico-nodular visibles radioloxicamente e non ten tratamento específico, polo que é moi importante a súa prevención.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á silicose.

    2. Que ou quen padece silicose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito capsular característico das brasicáceas, alongado e sincárpico, con dous carpelos de placentación marxinal e parietal, con dous lóculos separados por un tabique fino. Ábrese por dehiscencia en dúas valvas que empezan a separarse pola parte inferior do froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sílicua curta de lonxitude non superior a tres veces a súa anchura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á silícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sílicua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda romana de prata acuñada desde a época de Constantino I o Grande. Foi acuñada tamén por algúns pobos bárbaros, ata o s VI, e polos bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sílidos.

    2. Anélido da familia dos sílidos.

    3. Familia de anélidos, da clase dos poliquetos, co corpo pequeno, de 2 a 6 cm, con dous palpos robustos, tres antenas e numerosos dentes pequenos na farinxe. Habitan na costa entre algas, ectoproctos e hidroideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao O do río Mahāmanda (226.677 h [1991]). É un centro comercial debido ao tráfico entre Darjeeling e Sikkim. Desde a partición entre India e Paquistán (1947) e a creación de Bangladesh (1971), converteuse en centro de refuxiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se introduce na estrutura dunha molécula orgánica un radical trialquisililo, xeralmente o trimetilsililo (-Si(CH3)3)). Aplícase tanto na análise química, na formación de derivados volátiles que poden ser estudados por cromatografía, coma na síntese orgánica, por constituír un método de protección de diversos grupos funcionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente H3Si-, que deriva formalmente do silano pola perda dun dos seus átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos silingos.

    2. Individuo do pobo silingo.

    3. Pobo vándalo establecido en Silesia que a comezos do s V emigrou a Galia e a Hispania. Asentados na Bética, foron derrotados (418?) polo rei visigodo Walia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Escribiu o poema épico Punica, en 17 libros, unha narración chea de gusto retórico e de exaltación do sentimento da antiga grandeza romana.

    VER O DETALLE DO TERMO