"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de agravar ou agravarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen cultiva ou traballa a terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico mensual de tendencia conservadora nado en 1906 na localidade de Riotorto (Lugo). Desaparecerá en 1916. Fundado por Elías Santomé, o seu director, Saturnino Santomé, Manuel Mª García Castro, Venancio Gabín e Adolfo Rivas, estaba subtitulado como “Órgano de la Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto”. Foi impulsor e pioneiro do agrarismo na provincia, amais de órgano opositor ao alcalde do concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal saído en xaneiro de 1917 en Vigo como “Órgano de la Federación Agrícola del partido judicial de Vigo”. A súa tendencia era agrarista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na illa de Sicilia, Italia (55.072 h [1996]). Centro comercial e industrial (cemento, mobles, fármacos). Fundada durante a primeira etapa da colonización grega en Occidente, contra o 580 a C, conserva templos dóricos como o de Zeus e de Heracles, o da Concordia e o dos Dioscuros. Roma conquistouna no 262 a C e posteriormente foi dominada por árabes (829) e normandos (1086).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da illa de Sicilia, Italia (3.042 km2; 473.229 h [1991]). A capital é Agrigento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘gramínea’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista no estudo das gramíneas e das formacións vexetais a base de gramíneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que estudia as gramíneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual editado pola Agrupación Fotográfica Compostelana. Incluía información sobre as propias exposicións e mostras de fotografía de diversos autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en Ribadavia o 22 de febreiro de 1967 por Víctor López Quijada, Hipólito Fernández González e Xoán A. Gómez Vázquez, coa intención de promover e divulgar a fotografía. Destaca o seu interese polos aspectos técnicos e artísticos e a formación de afeccionados, coa organización de cursos, conferencias, proxeccións e prácticas de laboratorio. Tamén prepara exposicións en Ribadavia, (especialmente a mostra Gentes y paisajes del Ribeiro de 1968), Ourense e outros lugares. En 1969, crean o I Salón da Fotografía Galega e en 1970 o Trofeo Galicia para premiar as mellores fotografías do Salón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lugo en 1959 para a formación e promoción de fotógrafos. Entre as súas actividades sinalamos: cursiños de laboratorio fotográfico, exposicións monográficas, concursos, proxeccións e conferencias. Destaca a organización do concurso Folla do Carballo a nivel estatal e o patrocino do Salón Galaico-Portugués de Fotografía.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Unidade asociativa dentro da organización escolar, na que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.
-
División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais. Cada un destes intervalos constitúe unha clase. O número de observacións dentro dunha clase chámase frecuencia deste intervalo.
-
Proba de tiro con arma de fogo (carabina, pistola, etc) consistente en reunir ao redor dunha referencia escollida o maior número de impactos cunha provisión de municións dada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.
-
MONTES
Monte da parroquia de Facha, concello de Antas de Ulla, de 682 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor castelán, discípulo de J. M. del Mazo. Pintou cadros de tema relixioso para os pazos do Buen Retiro e de Aranjuez.
VER O DETALLE DO TERMO