Agrupación Fotográfica Compostelana

Agrupación Fotográfica Compostelana

Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.