"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Enfado moi exaltado.

    2. iolencia e agresividade coa que se produce algo.

    3. Ímpeto con que que algo se leva a cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza popular de orixe checa, rápida e con cambios de ritmo reiterados (2/4 a 3/4 e viceversa). Smetana e Dvořák introducírona na música culta europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindades infernais romanas en que se personificaban a vinganza e os remordementos. Na tradición literaria, identificáronse coas Erinías gregas polo seu carácter violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi dado a incomodarse.

    2. Que denota ou implica furor.

    3. Que é entusiasta ou segue algo con vehemencia e paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente do furano, de fórmula C4H3O-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou o tema mitolóxico cun estilo refinado. Traballou na decoración do Palazzo Pitti cos frescos Lorenzo il Magnifico nell’Accademia Platonica e l’Allegoria della morte del Magnifico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. En 1573 trasladouse a Flandres como conselleiro de Luis de Requesens. Propugnou a tradución da Biblia ás linguas vernáculas polo que as súas obras foron prohibidas no Concilio de Trento. Da súa produción destaca Institutiones rhetoricarum libri tres (1554), Bononia sive de libris sacris in vernaculam linguam convertendis (1556) e Concejo y consejeros del príncipe (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten moita furia.

      2. Que denota furia.

    1. Aplícase á persoa demente que sofre un trastorno mental. No dereito romano, debido á súa situación mental, estaba afectada dunha incapacidade absoluta para obrar. No dereito xustiniano, o furioso era o demente que tiña intervalos de lucidez, fronte ao demens ou mente captus, afectado de loucura permanente.

    2. Aplícase ao touro erguido sobre as patas en actitude de león rampante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que pode suceder no futuro.

    2. Que ou quen podería desempeñar un cargo que se indica.

    3. Futuro condicionado ou continxente na filosofía escolástica dos ss XVI e XVII, contraposto a futuro absoluto ou necesario. O problema dos futuribilia en relación coa presencia e a premonición divinas centrou as discusións entre dominicanos e agostiños dun lado e xesuítas doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de estar algo orientado cara ao futuro, como a vida humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento artístico, literario e musical de vangarda. Foi dado a coñecer mediante o Manifeste du futurisme, publicado en Le Figaro (22.2.1909) e redactado polo poeta Filippo Tommaso Marinetti. Postulaba o rexeitamento da tradición e da conservación do pasado e unha exaltación das innovacións, sobre todo mecánicas, presentes e futuras. O programa degradouse pouco a pouco e en Italia chegou ata a colaboración co fascismo. En 1920 iniciouse un período de loita e publicáronse os seus voceiros. Na arte, significou unha reacción contra o simbolismo e contra o modernismo e unha vontade de violencia, que foron ben acollidas por Umberto Boccioni, Gino Severini, Giacomo Balla, Carlo Carrà e Luigi Russolo, que asinaron o Manifesto della pittura futurista (11.2.1910) e dous meses máis tarde o Manifesto tecnico della pittura futurista. Negaban o academicismo, opoñíanse aos críticos da arte e, sobre todo, exaltaban a orixinalidade e a afirmación do dinamismo universal....

    2. Actitude vital orientada cara ao futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao futurismo.

    2. Que ou quen é partidario do futurismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta e coronel de aviación soviético. Formouse inicialmente como fundidor. Ingresou na escola militar de aviación de Čkalov e acadou o grao de tenente. Chegou a piloto de probas e entrou no equipo de cosmonautas en entrenamento. Tripulou o vehículo Vostok I e foi o primeiro home en facer un voo orbital, o 12 de abril de 1961. Foi deputado do Soviet Supremo en 1962 e seis anos máis tarde morreu de accidente de aviación. Un cráter da cara oculta da Lúa leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869 entre representantes das forzas republicano-federais das catro provincias galegas e da provincia asturiana. Xunto cos subscritos en Tortosa, Valls, Eibar e Córdoba supuxo unha tentativa das forzas rexionais de dotar o federalismo hispánico dunha organización estable, operativa e descentralizada, segundo o modelo de pactos sucesivos de Pi i Margall. Posteriormente, asinouse en Madrid un pacto entre os representantes dos cinco pactos rexionais, completándose a organización federalista do Partido Republicano Federal Español. O pacto recolleu como puntos principais os postulados básicos do ideario federal, como a defensa dos dereitos individuais e da soberanía popular e a condena da anarquía, e outras medidas, como a organización da milicia cidadán e o dereito de insurrección armada. A organización pactista durou pouco tempo, pois o fracaso da insurrección republicana de outono de 1869 foi aproveitado polos dirixentes madrileños para impoñer un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir dos anos sesenta do s XX. Subtitulouse “Revista anual de turismo” e dende 1984 “Publicación de la Consellería de Turismo, Juventud y Deportes en colaboración con CEHOSGA”. Dirixido por José L. Dorrego, dende 1984 ocupou o cargo Ezequiel Pérez Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluíu información sobre turismo, museos e gastronomía, ademais dunha guía de cámpings e hoteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano, marqués de Gattinara. Embaixador de Maximiliano I de Austria fronte a Luís XII de Francia e Fernando o Católico, foi conselleiro de Margarida de Austria, xunto coa que preparou a elección imperial de Carlos I. Primeiro presidente do Parlamento de Borgoña (1508) e gran chanceler imperial desde 1518, realizou, sen éxito, unha reforma da administración de Castela e intentou impor unha moeda única en todos os territorios imperiais. Foi o artífice das sinaturas do Tratado de Windsor (1522) con Inglaterra, da Paz de Cambrai (1529) con Francia, da Paz de Barcelona (1529) co papa, e da de Boloña (1529) cos ducados de Milán e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • glibenclamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de glicosa nos ouriños. Normalmente é nula, pero cando aparece indica xeralmente unha diabete mellitus.

    VER O DETALLE DO TERMO