"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. O seu estilo é o resultado da unión das influencias italianas recibidas a través do seu mestre C. Engebrechtszoon, con elementos fantásticos que teñen orixe na pintura de H. Bosch. O seu naturalismo anuncia a pintura holandesa do s XVII. Entre as súas obras destaca Lot e as súas fillas, o tríptico do Xuízo Final (1526) e os gravados Ecce Homo e Camiño do Calvario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista. Discípulo de Carissimi, o Rei Luís XIV nomeouno director do teatro musical. Introduciu o recitativo, simple ou acompañado de instrumentos. Iniciou a forma musical coñecida co nome de obertura á francesa cara a 1660, e foi o creador da gran ópera francesa, con obras como Alceste (1674) e Armida (1686).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Dosso Dossi, formouse baixo a influencia de Giorgione. A súa arte combinou o brillante cromatismo veneciano cos esquemas compositivos do clasicismo romano. Das súas obras destacan Bacanal, Alegoría da pintura, Os doutores da Igrexa e Circe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario italiano. Iniciou a súa andaina publicando artigos sobre Baudelaire e outros autores franceses e italianos, recollidos en parte nos volumes Il cortegiano francese (1943) e Studi (1947). Outras obras destacadas son Il paradiso della ragione (1960), La scuola dei sentimenti (1963), Vita, avventure e morte di Don Giovanni (1966), La caduta della luna (1973), sobre Pirandello, L’angelo della notte (1979), sobre Proust e Le rovini de Parigi (1985). En 1990 publicou Elogio della luce, un ensaio sobre literatura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundador da literatura didáctica flamenga, realizou adaptacións dos clásicos gregos. No campo da lírica escribiu Eerste Martijn (Primeiro Martín), Dander Martijn (O outro Martín), Der kercken Claghe (Lamentacións da Igrexa) e Van der Lande van Oversee (Do país de ultramar). Escribiu tamén Historie van den Grale (Historia do Graal) e Roman van Torec (Román de Torec), a partir de textos franceses, Merlijns Boeck (Libro de Merlín) e Alexanders Geesten (Historias de Alexandre), e adaptou o Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e historiador ruso. Embaixador en Reino Unido (1932), durante a Guerra Civil española representou á URSS no Comité de Non-intervención. Foi viceministro de Asuntos Exteriores (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista ucraíno. Durante a revolución de 1917 foi o presidente do soviet de campesiños e obreiros de Ucraína. Iniciou un conflito armado cos bolxeviques en marzo de 1919 e, trala súa derrota, refuxiouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Maldivas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Maldivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Destacou polo seu desenvolvemento de personaxes dunha grande intensidade dramática. Participou nos filmes Riso amaro (1948), Il processo di Verona (1962), Le streghe (1967), Morte a Venezia (1971), Ludwig (1972) e Occi Ciornie (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, señor de Sint Aldegonde. Colaborou con Guillerme I de Orange-Nassau a favor da liberdade e da Reforma. Da súa obra destaca De Biënkorf der H. Roomsche Kercke (1569) e a tradución dos Salmos (1580).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, teórico e historiador da música italiano. En 1729 ingresou na orde franciscana e tivo como discípulos a Jommelli, Grétry, J. Ch. Bach e Mozart. Publicou unha Storia della musica (1757-1781), que non chegou a acabar, e varias obras teóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xesuíta italiano. Escribiu Historia crítica de España y de la cultura española (1783-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista italiano. O seu estilo, dun movemento parecido ao de A. Pollaiolo, caracterizouse por unha intensidade dramática de gusto xermánico. Traballou en Siena, onde realizou o retablo de Santa Bárbara (1479) para a igrexa de San Domenico e dúas versións de La Strage Degli Innocenti, unha para a igrexa de Sant Agostino (1482) e outra para a de Santa Maria dei Servi (1491). Como mosaicista traballou no pavimento da catedral de Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia   no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta croata. Desde 1848 ocupou altos cargos políticos. Foi considerado como o primeiro poeta épico croata, e da súa produción destaca Osman (1842), aínda que se deu a coñecer pola epopea Smrt Smail-aga Čengijića (A morte de Smail-aga Čengijića, 1846), libro inspirado na poesía popular e escrito en versos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Estudiou enxeñería física na Escola Técnica Superior de Delft. Traballou como enxeñeiro na compañía Philips e desde 1956 como investigador no CERN. En 1984 recibiu, xunto con Carlo Rubbia, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica de arrefriamento de antiprotóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Utilizou o siciliano para desenvolver a súa obra poética, dedicada fundamentalmente á natureza. Escribiu La Fata Galanti (1762), Favuli murali e L’origini di lu Munnu (1768), onde mostra a súa forza humanística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Describiu a vida e o ambiente dos sectarios do rito antigo Raskol na ribeira do Volga, e tamén o medio despótico e cobizoso dos comerciantes. Compuxo os tres volumes Sbornik postanovlenij otnosjaščikhsja k raskolu (Compilación de todas as disposicións referentes ao cisma, 1860-1863).

    VER O DETALLE DO TERMO