Matteo di Giovanni ou Matteo di Siena
Matteo di Giovanni ou Matteo di Siena
Pintor e mosaicista italiano. O seu estilo, dun movemento parecido ao de A. Pollaiolo, caracterizouse por unha intensidade dramática de gusto xermánico. Traballou en Siena, onde realizou o retablo de Santa Bárbara (1479) para a igrexa de San Domenico e dúas versións de La Strage Degli Innocenti, unha para a igrexa de Sant Agostino (1482) e outra para a de Santa Maria dei Servi (1491). Como mosaicista traballou no pavimento da catedral de Siena.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Borgo Santo Sepolcro, Umbria -
Deceso
Lugar : Siena