Maerlant, Jacob van

Maerlant, Jacob van

Poeta. Fundador da literatura didáctica flamenga, realizou adaptacións dos clásicos gregos. No campo da lírica escribiu Eerste Martijn (Primeiro Martín), Dander Martijn (O outro Martín), Der kercken Claghe (Lamentacións da Igrexa) e Van der Lande van Oversee (Do país de ultramar). Escribiu tamén Historie van den Grale (Historia do Graal) e Roman van Torec (Román de Torec), a partir de textos franceses, Merlijns Boeck (Libro de Merlín) e Alexanders Geesten (Historias de Alexandre), e adaptou o Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Damme, Flandres

  • Deceso