"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Provincia de Kenya (16.162 km2; 4.392.196 h [1999]). A súa capital é Kisumu (192.733 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico de África Oriental, independente desde 1964 co nome de Malawi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran rexión de Gabón, formada polas provincias de N’Gounié e Nyanga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón (624.169 h [1997]). É o centro de servizos da área industrial do Sur-Okayama. Ten industrias téxtiles, de fibras sintéticas, químicas, de pneumáticos e estaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (7.092 km2; 1.950.828 h [2000]). A capital é Okayama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, situada na illa de Honshū, Xapón (441.649 h [1997]). É un centro agrícola de arroz, trigo e seda. Conserva un santuario budista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao oriya.

    2. Lingua indoaria do phylum indoeuropeo que deriva do māghadī e que se fala no estado indio de Orissā. Documentada xa antigamente cunha rica literatura, que a partir do s XVI tratou sobre todo temas relixiosos, dispuña dun alfabeto propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores monoicas, da familia das betuláceas, que poden acadar 20 m de altura. Presentan follas ovadas, acuminadas e dobremente con forma de serra, e flores unisexuais e dispostas en amentos verdosos. A súa madeira é dura e resistente. Proceden do SL de Europa e de Asia e cultívanse como planta ornamental, especialmente a especie O. carpinifolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Mauritania que se divide en 5 khoums.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e director chinés. Foi un dos fundadores do teatro de estilo occidental, e o autor dunha versión moderna do drama poético O abano de flor de pexego, de Gong Shanren (1648-1718), e da obra Flor de pexego e a nena, sobre o amor dos mozos na China antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Debuxante de corte postimpresionista, traballou a acuarela. A paisaxe galega está presente na súa obra cun desexo de transformación e de idealización da realidade concreta. Captou recantos das cidades que visitaba, destacando o seu traballo sobre París e Vigo. Destacan Rúa de Santiago (1970), Paisaje de La Guardia (1970), El Berbés (1970) e Paisaje onírico (1972?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Tochigi, situada na illa de Honshū, Xapón (147.713 h [estim 1993]). Ten un porto fluvial, e as boas condicións e a proximidade a Toquio convertérona en arrabalde industrial da capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Os seus filmes, caracterizados por unha visión melancólica e pesimista da vida, analizan os aspectos básicos da existencia humana. Da súa produción destacan Tokyo no Gassho (O corazón de Toquio, 1931), Hitori Musuku (O fillo único, 1936), Banshun (Verán tardío, 1949), Akibyori (Derradeiro outono, 1961) e Suma no aji (Tarde de outono, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade do antigo panteón ario, que adquiriu no período védico novas connotacións, grazas ás que acabou por coincidir plenamente co principio creador por excelencia, denominado, segundo as pasaxes, o Primoxénito da Verdade (prathamajā ṛ tasya), o Impulsor (savirt ṛ ) e o Autor do Universo (viśvakarman).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política catalá fundada o 22 de xullo de 1936 a partir da fusión do Partit Comunista de Catalunya, a Federació Catalana del PSOE, a Unió Socialista de Catalunya e o Partit Català Proletari. O seu crecemento durante a guerra foi notable. Desde os primeiros momentos do exilio, a dirección do PCE tentou integralo baixo a súa autoridade e, a partir de 1949, o PSUC quedou fortemente ligado ao PCE, perdendo a súa independencia. De acordo coa súa concepción da loita pola democracia, tivo un papel destacado na Asemblea de Catalu-nya e participou no Consell de Forces Polítiques de Catalunya. Legalizado en maio de 1977, no V congreso (1981) a ocasional alianza dos sectores leninistas e históricos provocou a desfeita eurocomunista e a case ruptura co PCE. O VI congreso (1982) implicou o retorno á ortodoxia eurocomunista e a tendencia prosoviética emprendeu a creación dunha organización paralela que constituíu o Partit dels Comunistes de Catalunya (PCC). O VII congreso reafirmou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cuenca (Ecuador) (1858-1875), arcebispo de Santiago de Compostela (1875-1886), capelán maior da raíña rexente María Cristina, arcebispo de Toledo (1886), cardeal (1877) e patriarca das Indias Occidentais (1886). Fundou o psiquiátrico de Conxo e obtivo a conversión do seminario de Santiago de Compostela en Universidade Pontificia, coa facultade de conferir graos académicos. Restaurou e impulsou as escavacións arqueolóxicas (1879) levadas a cabo por A. López Ferreiro e X. Labín Cabello na catedral de Santiago de Compostela, co propósito de atopar os restos do Apóstolo Santiago. Foi senador pola provincia de Gipuzkoa (1871-1872) e por dereito propio (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico da serra de Gúdar, situado no Sistema Ibérico, Teruel. O seu cumio acada 2.019 de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (12.440 h [2001]). É un centro mineiro e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO