"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Brazo de mar que separa a península de Malacca da illa de Sumatra. É a principal vía de comunicación entre o Océano Índico e o Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Ou

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político neerlandés. Foi ministro de Agricultura (1945-1958) e negociou con Bélxica e Luxemburgo a constitución do Benelux. Foi vicepresidente da comisión executiva da CEE (1958-1967) e presidiu a Comisión Europea (1972-1973). Elaborou o Plan Mansholt (1968), no que propoñía a modernización da agricultura europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que serve para detectar a tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no N-NO da provincia de Lugo e no N de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca de Terra Chá (concello de Muras), ao L coas comarcas da Mariña Central (concellos de Burela, Foz e O Valadouro) e Terra Chá (concello de Abadín), e ao O coa comarca coruñesa de Ortegal (concello de Mañón). Abrangue unha extensión total de 500,9 km2, cunha poboación de 27.362 h (2001), distribuída entre os concellos de Cervo (81,1 km2; 4.936 h), Ourol (145,4 km2; 1.445 h), O Vicedo (76 km2; 2.194 h), Viveiro (109,3 km2; 15.240 h) e Xove (89,1 km2; 3.547 h). A cabeceira comarcal, Viveiro (latitude 43° 39’ 50’’N e lonxitude 7° 35’ 30’’ O), é sede de partido xudicial, do que dependen o resto dos concellos da comarca. O espazo comarcal posúe un centro funcional, Viveiro. Esta vila centraliza todos os servicios administrativos cun ámbito de influencia que se estende a toda a costa N da provincia de Lugo, malia que determinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tommaso di ser Giovanni di Mone Cassai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (57.441 km2; 1.112.955 h [1992]). A súa capital é Chinhoyi (43.054 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mateo Pérez de Alesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Avogado e senador republicano, desde 1947 foi presidente do comité de actividades anti-estadounidenses, que desenvolveu unha campaña, o maccarthismo, que tivo como consecuencia a súa destitución (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas obras caracterízanse polos comentarios satíricos sobre o matrimonio, a impotencia da intelectualidade e o rol da muller nas cidades de EE UU. Das súas obras destacan The Company she Keeps (1942), Memories of a Catholic Girhood (1957), Birds of America (1971), a triloxía The Seventeenth Degree (1975) e Cannibals and Missionaires (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista. As súas producións realízanse a través de medios expresivos como a performance, o vídeo, as películas, o debuxo ou a escultura. Nos últimos anos as súas performances experimentaron unha evolución cara a unha maior violencia e desorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico inglés. Formou con John Lennon o grupo The Quarrymen, que foi a semente de The Beatles, para o que compuxo numerosos temas. Con este último editou varios discos e fixo varias películas, como Yellow Submarine (1969). En 1970 disolveuse The Beatles e continuou a súa carreira musical coa súa muller Linda Eastman, coa que formou o grupo Wings. Da súa discografía en solitario destacan Tugs of War (1982), Pipes of Peace (1983), All the best! (1987), Paul is live (1993) ou Back in the world (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánica e xenetista estadounidense. Especializouse en xenética vexetal na Universidade de Cornell, onde se doutorou en 1927, ingresou no departamento de xenética da Institución Carnegie de Cold Spring Harbour (1942) e foi admitida na Academia de Ciencias de EE UU (1944). Descubriu que a recombinación xenética vai acompañada sempre dun intercambio de ADN entre os cromosomas homólogos, e tamén os transposóns do millo. En 1983 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento de elementos xenéticos móbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar da zona ártica de Canadá, entre as illas Victoria e Príncipe de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador británico. Viaxou polas Terras Árticas e realizou diversas expedicións ao O da baía de Baffin, na procura da expedición de John Franklin, da que localizou diversos restos. Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador. Viaxou polas Terras Árticas e percorreu a última sección do paso do NO. Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. En 1931 iniciouse como guionista cinematográfico e comezou a escribir novelas de serie negra, como They Shoot Horses, don’t They? (1935), levada ao cine por Sidney Pollack (1969). Tamén escribiu No Pockets in a Shroud (1937) e Kiss Tomorrow Goodbye (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense. En 1940 acadou un grande éxito coa súa primeira novela The Heart is a Lonely Hunter (1940). Tamén publicou Reflections in a Golden Eye (1941), cunha versión cinematográfica de John Houston (1967), e o libro para nenos Sweet as a Pickle, Clean as a Pig (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou a súa carreira en 1958 e serviu como asistente de fotografía na Royal Air Force (1953-1955). Colaborador en destacadas publicacións como The Observer (1961-1964), Life, Time ou Der Spiegel, cubriu os conflitos de Vietnam (1968), Camboxa (1970) ou Beirut (1976) para The Sunday Times. En 1967 comezou a traballar na axencia Magnum. A súa obra constitúe unha chamada de atención sobre os problemas da violencia e da devastación no mundo. Publicou Don McCullin: Hearts of Darkness (1980), Perspectives (1987) ou Don McCullin (2001). Recibiu o World Press Photographers Award en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e publicista escocés. Iniciador da historiografía económica, ademáis das súas edicións de obras de A. Smith e de D. Ricardo, publicou un dos primeiros estudios do pensamento económico, Discourse on the Rise, Progress, Peculiar Objects and Importance of Political Economy (1824) e tamén a obra bibliográfica exhaustiva Literature of Political Economy (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO