"rot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica da pleura que se fai a través dun espazo intercostal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posición que toma ás veces o corpo durante o tétano, ao quedar dobrado cara a un lado pola contractura dos músculos dun dos costados.
-
-
Relativo ou pertencente aos pleurotremados.
-
Peixe da orde dos pleurotremados.
-
Grupo de taxonomía incerta, considerado orde por algúns autores, formado por peixes condritios que se caracterizan pola situación lateral das aberturas branquiais, coa marxe interior da aleta peitoral libre e coas dúas metades da cintura escapular non fusionadas dorsalmente. Comprende todos os peixes coñecidos habitualmente como tiburóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos lignícolas, da orde dos poriais, robustos, carnosos e tenaces, coa cutícula lisa e de cor parda, laminiñas brancas e pé curto e excéntrico. A súa carne, comestible, é de cor branca e sabor doce. Viven principalmente durante o outono. En Galicia destaca a especie P. ostreatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario creado pola escritora británica Agatha Christie. Protagonista dun grupo de 32 novelas, das que a primeira foi The Mysterious Affair at Styles (1920), trátase dun detective belga instalado en Inglaterra. Cun método dedutivo semellante ao empregado por Sherlock Holmes, Poirot reúne a todos os personaxes participantes ao final da novela para, a través dun monólogo, esclarecer os feitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ácido cunha molécula que pode ceder varios protóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado ‘primeiro’, ‘principal’, ‘anterior’.
-
ENTRADA LARGA
Elemento radioactivo da familia dos actínidos, de número atómico 91, que ata 1949 recibiu o nome de protoactinio. Coñécense quince isótopos, dos que só dous 231Pa e 234Pa son naturais. O 231Pa ten unha vida media de 3,25x104anos, é o precursor do actinio na serie (4n+3)
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
e é o máis importante desde o punto de vista químico. O primeiro isótopo coñecido foi o 234Pa (Fajans e Göhring, 1913), e o 231Pa foi illado da pechblenda en 1918 por Hahn-Meitner e Soddy-Crauston independentemente. O 231Pa localízase nos minerais de uranio en equilibrio radioactivo,e nel hai 340 mg por tonelada de uranio. Obtense industrialmente dos residuos de purificación de uranio, dos que se separa por cromatografía de intercambio iónico e extracción con disolventes. Desde o punto de vista práctico, o isótopo máis importante é o 233Pa, producido artificialmente por bombardeo con neutróns do 232Th,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de protagonista.
-
-
Personaxe principal dunha obra literaria, dramática ou cinematográfica.
-
Persoa que asume o papel principal nun asunto calquera.
-
-
-
Representar o papel de protagonista.
-
Desempeñar o papel máis importante ou destacado en algo.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Anterior a Sócrates, foi o expoñente máis destacado da sofística. A motivación da súa actividade filosófico-pedagóxica era o ensino da virtude. Sostivo un relativismo epistemolóxico (“o home é a mestura de todas as cousas”), que invalidaba toda ontoloxía e todo dogmatismo, e levaba a unha actitude escéptica, agás no campo da moral. O seu pensamento conservouse por escrito en breves fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gametófito das pteridófitas que se orixina a partir dunha espora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polipéptido moi básico (rico en arxinina), de peso molecular comprendido entre 1.000 e 5.000, que se illa do esperma dalgúns peixes, onde se localiza combinado con ácidos nucleicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exopeptidase capaz de hidrolizar as protaminas en péptidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade de distinguir a cor vermella. OBS: Tamén se denomina aneritropsia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia formada por unha mestura de peptonado e albuminato arxénticos. Contén un 8% de prata, aproximadamente. É un antiséptico empregado en solucións ao 0,25-1%. Utilizouse como preventivo contra enfermidades venéreas.
-
-
-
Primeira parte do período dunha oración simple, que está completada pola segunda. Por exemplo: Pouco a pouco, énchese a pía, en que pouco a pouco é a prótase.
-
Primeira parte dunha oración composta, que se completa coa oración principal (O que me dis non me gusta nada, en que O que me dis é a prótase). Úsase sobre todo nas oracións condicionais para representar a oración subordinada condicional que se completa coa principal (apódese): Se queres (prótase), iremos (apódose).
-
-
Primeira parte dun drama ou poema narrativo, onde se expón o argumento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Protasius, que deriva do grego Prótasios ‘o que está diante, o preferido, o destacado’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi irmán xemelgo de san Xervasio, con quen morreu. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO