protactinio

protactinio

(< proto- + actinio)

Nome científico: [Pa]

Elemento radioactivo da familia dos actínidos, de número atómico 91, que ata 1949 recibiu o nome de protoactinio. Coñécense quince isótopos, dos que só dous 231Pa e 234Pa son naturais. O 231Pa ten unha vida media de 3,25x104anos, é o precursor do actinio na serie (4n+3)


FORMULA
e é o máis importante desde o punto de vista químico. O primeiro isótopo coñecido foi o 234Pa (Fajans e Göhring, 1913), e o 231Pa foi illado da pechblenda en 1918 por Hahn-Meitner e Soddy-Crauston independentemente. O 231Pa localízase nos minerais de uranio en equilibrio radioactivo,e nel hai 340 mg por tonelada de uranio. Obtense industrialmente dos residuos de purificación de uranio, dos que se separa por cromatografía de intercambio iónico e extracción con disolventes. Desde o punto de vista práctico, o isótopo máis importante é o 233Pa, producido artificialmente por bombardeo con neutróns do 232Th, cunha vida media de 27,4 días e conduce, mediante emisión â, ao uranio-233, físil. As propiedades nucleares e a vida media deste isótopo son óptimas para o seu uso como trazador no estudo das propiedades do elemento.