"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (55.401 km2; 256.875 h [2004]). A súa capital é Umeå.
-
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1230-1253), fillo e sucesor de Otakar I de Bohemia. Derrotou a Federico I (1232), aínda que posteriormente aquel invadiu Moravia. Para executar contra el o decreto de proscrición, uniuse ao emperador en 1237, que acabou conseguindo o dominio total de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1278-1305) e de Polonia (Venceslau I, 1300-1305), fillo e sucesor de Otakar II de Bohemia. Estendeu a soberanía feudal sobre os ducados de Silesia, que foron de Polonia. Interveu na elección de Alberte I (1297-1298), pero tivo que sufrir o seu dominio. Accedeu ao trono polaco ao casar coa herdeira, Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1305-1306), de Hungría (Venceslau I, 1302-1305) e de Polonia (Venceslau II, 1305-1306), fillo de Venceslau II de Bohemia. Perdeu Hungría na guerra contra Alberte I de Austria (1305) e tivo que venderlle as posesións de Misnia ao margrave de Brandenburgo. Foi o último soberano da dinastía premyslida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Venceslau I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo, inventado por G. B. Venturi (1797), que se emprega para medir o caudal dun fluído que circula polo interior dun cano. Consiste nun estreitamento que se intercala nun conduto e crea unha diferenza de presión entre a parte ampla e a estreita, que é proporcional ao cadrado do caudal que o atravesa.
-
PUNTA
Punta que pecha polo L a enseada do Trece, na Costa da Morte, no litoral setentrional da parroquia de Xaviña, no concello de Camariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fillo de Deus, segunda persoa da Trindade. A tradición cristiá latina traduciu, a partir da Vulgata, o logos do Cuarto Evanxeo, que designaba a palabra creadora encarnada en Xesús Cristo ou palabra de Deus.
-
Categoría gramatical que se caracteriza morfoloxicamente por posuír sufixos flexionais de número e persoa, e de tempo e modo; e sintacticamente por ser o elemento nuclear da oración, por admitir complementos e por concordar en número e persoa co suxeito da oración en que se insire. Os sufixos flexionais son a vogal temática (VT), o sufixo de modo e tempo (SMT) e o sufixo de número e persoa (SNP). As unidades que presentan sufixo de número e persoa e sufixos de modo e tempo denomínanse modotemporais e non presentan restricións distribucionais; se carecen dos morfemas mencionados denomínanse amodotemporais e, en xeral, non poden formar oracións independentes: o infinitivo (varrer), o xerundio (varrendo) e o participio (varrido). O infinitivo pode ter ademais morfemas de persoa e número (infinitivo flexionado ou conxugado: de chegares tarde, avísame) e o participio morfemas de concordancia de xénero e número. O SMT, con distintos alomorfos, recolle a indicación do modo e do tempo. Existe...
-
ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Por exemplo, a verba dos arxinas ou verbo dos canteiros, a xerga dos canteiros e picapedreiros pontevedreses (cricañola ‘tixola’, falpilaxe ‘roupa’, estadulla ‘cunca’) ou o verbo dos daordes ou xerga dos telleiros (cabaqueiros), empregada polos telleiros da Guarda (chavisca ‘chave’, fuza ‘barba’, gañarra ‘augardente’).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘doenza (venérea)’.
-
-
Abundancia de palabras, xeralmente baldeiras de contido.
-
logorrea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de verboso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que utiliza moitas palabras para expresarse.
-
CABOS
Cabo do litoral atlántico de África occidental, situado en Senegal. Está formado por unha punta estreita que avanza cara ao O.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Relacionado co surrealismo e o existencialismo, na súa obra ofrece unha visión corrosiva da realidade. Destacan a novela J’irai cracher sur vos tombes (1946) e a obra teatral Le goûter des généraux (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Viana do Bolo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña (42° 11’ 00’’ N - 7° 06’ 20’’ O). Limita ao N cos concellos do Bolo e da Veiga (comarca de Valdeorras), ao L coa provincia de Zamora, ao S coa Mezquita e A Gudiña (comarca de Viana), e ao O con Manzaneda (a Terra de Trives) e Vilariño de Conso (Viana). Ocupa 270,4 km 2 cunha poboación de 3.442 h.(2001) distribuída nas parroquias de Bembibre, Caldesiños, Cepedelo, Covelo, Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais, Grixoa, Hedroso, Louzaregos, Mourisca, Paradela, Penouta, Pexeiros, Pinza, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Hedroso, Quintela de Umoso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santa Mariña da Ponte, Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso, Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo, Vilardemilo, Vilarmeao e Vilaseco da Serra. A capital atópase na vila de Viana do Bolo, na parroquia do mesmo nome. O concello está a 248 km de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Viana do Bolo. Formaba parte dunha fortaleza medieval que en 1180 foi reconstruída polo Rei Fernando II. Construíuse con granito e presenta unha planta cadrada. Exteriormente dividíase en tres tramos e leva un remate ameado. O soto cubriuse cunha bóveda de canón e reforzouse con tres arcos faixóns apuntados. Ademais da torre, consérvanse as portas de entrada ao antigo patio de Armas e ao patio de Honor. No exterior tamén se conservan parte das murallas que rodeaban a fortaleza e unha pequena torre cilíndrica defensiva. Foi cárcere durante a Guerra Civil e posteriormente converteuse en museo e sala de exposicións. Foi declarada BIC en 1949.
-
-
-
Serpe velenosa, da familia dos vipéridos, de corpo curto e pesado, cola curta, cabeza ben definida, frecuentemente triangular e cun característico deseño en zigzag. As escamas dorsais son fortemente carenadas e as placas superiores da cabeza moi fragmentadas. Os ollos son bastante pequenos e coa pupila vertical. Algunhas especies teñen un corno nasal brando e escamoso na punta do fociño. Normalmente son activas de día e aliméntanse de micromamíferos, réptiles e anfibios. Están distribuídas por toda Europa, Asia e África, e están estreitamente emparentadas cos crótalos asiáticos e americanos, dos que difiren por non posuír fosas termosensibles. Teñen un aparato velenoso característico con dúas glándulas de veleno que conectan directamente coa base dos dentes, longos e ocos, que se cravan na presa cando a serpe ataca, e o veleno é espelido pola punta do dente, de forma que se transmite moi eficaz e profundamente nos tecidos da vítima. Os dentes inxectores de veleno son móbiles,...
-
víbora cornuda [cast: víbora cornuda; ingl: cerastes] [Cerastes cerastes, fam dos vipéridos]
Serpe de ata 60 cm de lonxitude que presenta unha cabeza moi ampla e un pequeno corno sobre os ollos. A súa cor é parda ou agrisada, coa zona ventral branca. É unha serpe velenosa que habita en rexións áridas do N de África e Oriente Medio.
-
víbora fociñuda [port: víbora fociñuda; cast: víbora hocicuda; ingl: Lataste’s viper] [Vipera latastei, Fam dos vipéridos]
Serpe pequena con deseño dorsal en zigzag marrón sobre fondo cor area. Presenta o fociño revirado coma un pequeno corno que apunta cara a arriba. Aparece en terreos secos e con pedras, con mato baixo e aberto, uces, etc, nas solainas. Esténdese pola maior parte da Península (excepto nunha faixa litoral cantábrica) e polo Magreb, pero é moi rara en Galicia, onde só está presente no cadrante suroriental (serra do Xurés, Parque Natural do Invernadeiro). Parece restrinxida ás zonas máis secas, chegando ata os 1.300 m nas serras ourensás. O veleno desta especie é máis potente ca o da víbora de Seoane.
-
víbora de Seoane [port: víbora-de-Seoane; cast: víbora de Seoane; ingl: Seoane’s viper] [Vipera seoanei, Fam dos vipéridos]
Serpe de tamaño inferior aos 60 cm, cun deseño dorsal bilineal con dúas bandas claras paralelas que abeiran unha banda central marrón con manchiñas escuras pola beira. As manchas negras da cabeza teñen forma de uve invertido. Ocupa unha gran variedade de ambientes, pero ten certa preferencia polos terreos pedregosos. Consome micromamíferos, réptiles (lacértidos, ánguidos) e anfibios, estes últimos sobre todo crías. É unha especie vivípara, que pare de 3 a 10 crías por setembro. Trátase dun endemismo ibérico que se estende pola faixa húmida (norte cántabro-atlántica) da Península. Existen dúas subespecies, presentes ambas en Galicia: V. seoanei seoanei que ocupa a maior parte da xeografía galega e parte do N de Portugal e V. seoanei cantábrica, cun deseño dorsal diferente, cun zigzag escuro pouco definido polo medio do dorso sobre fondo cincento nos machos e marrón nas femias, que aparece nos Ancares, no Courel e en Pena Trevinca en Galicia e pola cornixa cantábrica ata o norte de Burgos....
-
-
-
Persoa ruín e con malas intencións.
-
Persoa que gusta falar mal dos demais.
-
-
-
CAPITAIS
Capital do amt homónimo, Dinamarca (42.475h [estim 2001]). Situada no centro de Xutlandia, na beira occidental do lago homónimo, é un núcleo industrial e a antiga capital de Xutlandia.
VER O DETALLE DO TERMO